Propostas

BARRIÉ PEQUES: PROPOSTAS EDUCATIVAS PARA FAMILIAS E ALUMNADO

A web http://www.educabarrie.org/gl/barriepeques presenta actividades educativas para os máis pequenos. Ten un apartado especial para as familias (http://www.educabarrie.org/gl/barriepeques/familias) no que se recollen resursos de orientación e actividades lúdicas e artísticas destinadas a pais/nais con fillos entre 0 e 12 anos. Conta con varios apartados de moito interese.

¿COMO PODEMOS AXUDAR AOS NOSOS FILLOS/AS NOS ESTUDOS?

A CEAPA (Confederación Española de Padres y Madres de Alumnos) edita esta guía con propostas para mellorar o rendemento escolar do alumnado. É unha publicación de interese para toda a comunidade educativa, con recomendacións prácticas e análise das condutas menos axeitadas no tema dos estudos.

Pode descargarse facendo clic aquí ou na seguinte imaxe.

GUÍA PARA AS FAMILIAS SOBRE O USO SAUDABLE DE INTERNET, VIDEOXOGOS E TELÉFONOS MÓBILES

Na web do "Defensor del Menor" tendes á vosa disposición esta guía que da consellos précticos para mellorar a seguridade no uso das novas tecnoloxías.

APRENDER A ESTUDAR

Nesta páxina atopase moita información de interese para mellorar as técnicas de estudo do alumnado, así como actividades prácticas que o estimulen e reforcen.

Powered by Drupal - Design by artinet