Construímos unha lombricomposteira.
Construímos unha lombricomposteira.
Dende o pasado 13 de marzo o CEIP de CEDEIRA conta cun equipo de mediadores e mediadoras para a resolución de pequenos conflitos que xorden na convivencia diaria do alumnado.
Neste programa denominado “Mediación entre Iguais”, un mediador ou mediadora neutral axúdalle a dúas partes en conflito a chegar a unha solución pacífica.
Estes dez mediadores e mediadoras foron escollidos democraticamente, tendo en conta tamén a súa vocación e súa propia vontade. Recibiron do departamento de orientación 10 sesións de formación para o desempeño desta importantísima misión. Poderás coñecelos/as clicando na imaxe.
Como dí o noso lema: "A mediación sempre é a solución"
Ao longo deste trimestre os nenos e nenas de quinto e sexto de primaria fixemos dúas saídas no marco das actividades extraescolares programadas para o mesmo. A primeira consistiu na asistencia á obra de teatro "Freaky", no Auditorio Afundación, en Vigo. Nesta obra , totalmente en inglés, tratábase o tema do "Bulling" dunha maneira cercana aos nenos, de forma que pretendía facer reflexionar aos alumnos de situacións, que as veces, pódense dar no medio escolar e xuvenil.
A outra saída, relaciónabase coa temática do proxecto(tod@s en xogo) e a inclusión. En contacto co clube AMFIV de Vigo, algúns membros deste equipo acercáronse ao novo Pavillón de deportes da Marisma, en Redondela, onde os nenos e nenas do Ceip de Cedeira, logo dunha presentación inicial, puideron asistir a un partido de demostración do deporte, e incluso participar nun partido con membros do devandito clube, probando as cadeiras de rodas que utilizan algúns deles. Tamén vimos de preto e puidemos tocar medallas das paraolimpiadas de Río 2016 que ganaron alguns dos deportistas que viñeron a Redondela.
Nos vídeos poderedes ver algo do que aconteceu en ambas actividades.
O pasado luns 13 de febreiro, celebramos o Día Mundial da Radio 2017, para o cal realizamos unha serie de actividades que remataron coa emisión dun programa especial de radio que foi enviado a Ponte Nas Ondas.
Neste fabuloso programa, puxéronse de manifesto as conclusións obtidas nas enquisas cubertas polas familias sobre os usos que fan nos seus fogares da radio, que programas escoitan, con que frecuencia, en que momento do día escoitan máis,… Tamén contaron cales son os motivos polos que a xente escoita a radio e as súas vantaxes (cómoda, amena, entretén, non saca tempo,…).
Outro aspecto foi investigar que programas deportivos escoitan nas casas, xa que o noso proxecto este ano, está relacionado cos deportes e os xogos. Elaboraron un listado dos programas deportivos máis escoitados.
Como broche final, remataron o programa lendo unha adaptación ao galego dun poema á radio deportiva, titulado “Los domingos al gol” escrito polo xornalista e locutor deportivo: Javier Ruiz Taboada.
Foi un fantástico programa! Agardamos que sexa do voso agrado.
Os días 9 e 16 de decembro acercouse ao colexio unha técnica do concello para falarnos, aos nenos e nenas de quinto e sexto, de igualdade, e do longo camiño que queda por percorrer para chegar a ser valorados de igual maneira sen distinción de sexo. Analizamos estereotipos en anuncios, películas, profesións e decatámonos dos micromachismos que temos sen darnos conta. Un decálogo para a igualdade que fixemos entre todos nós foi o remate a esta actividade.
Unha técnica do Concello de Redondela, achegouse ao colexio para falarnos sobre a igualdade. Nela, mediante unhas presentacións, unhas dinámicas grupais e fragmentos de videos, démonos conta do longo camiño que ainda nos queda para conseguir unha igualdade entre os dous sexos. Desde a linguaxe ata os xoguetes, pasando polos estudios, traballos e afeccións todas van aparelladas a un sexo concreto, e iso temos que comezar a mudalo entre todos e todas.
Aproveitando que estamos traballando o tema dos deportes, os cursos de 3º e 4º, o venres 9 de decembro fixemos unha visita ao Estadio de Balaídos e as pistas de atletismo que se atopan a carón do Estadio.
Unha persoa encargouse de levarnos polas distintas dependencias (vestiarios, sala de prensa, …e o museo, onde nos foron explicando os diferentes trofeos, fotos e recordos desde o seu inicio ata a actualidade).
O que máis lle gustou aos nenos/as foi estar no campo de xogo e ver as gradas a vista de xogador.
Nas pistas de atletismo nos mostraron diferentes aparellos para realizar algúns deportes que alí se practican.
A continuación fixemos lanzamento de peso, salto de lonxitude e unha carreira de 400m.
Rematamos a xornada con autógrafos de deportistas que alí participaban nos adestramentos.
Deixamos un pequeno vídeo que resume a visita. Agardamos que sexa do voso agrado!
Antonio Lago Rivera (1916-1990) foi un pintor da Coruña do que se cumpren 100 anos do seu nacemento. Con este motivo en Vigo, na Sala de Exposicións de Afundación, do Teatro García Barbón, estase a celebrar unha exposición que percorre gran parte da súa obra.
Os nenos e nenas de 5º e 6º de primaria acudimos a visitala o pasado 17 de novembro e pasámolo xenial!!!. A visita estaba organizada en dúas partes, nas que participamos alternativamente, unha e outra clase. Nunha parte, se nos facilitaba, por equipos unha serie de pistas coas que tiñamos que buscar certos cadros que respostasen as características dadas. Noutra parte, participamos nun obradoiro, no que debiamos experimentar coa mistura de certas cores.
Rematamos comendo na Praza de Compostela, baixo a vixiancia do Almirante Mendez Nuñez.
O pasado día 26 de abril os alumnos de 3º e 4º foron ao Museo de Pontevedra. Alí desfrutaron dunha exposición de cadros de pintores galegos. Resultou moi divertida e interesante, xa que tiveron que facer de detectives, buscando pistas que os levaran a adiviñar o nome dos distintos cadros.
Tinteiro "Rúas e rueiros"
Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013 |