O 13 de febreiro celébrase o Día Mundial da Radio e no colexio de Cedeira somos fieis a esta conmemoración, así que, este ano fixemos unha preciosa gravación que inclúe unha canción. Trátase da lectura colectiva do libro "A música da auga" de Anxo Moure e Servando Barreiro e tamén unha canción dese mesmo libro.
Esperamos que vos guste.
Premede no enlace do audio que está ao final.
No enlace que tede ao final podedes escoitar o audio da gravación do Programa das Letras Galegas 2018 elaborado polo alumnado do colexio.
Que o desfrutedes!
Temos aquí a presentación que o alumnado de 6º fixo para participar no concurso escolar da fundación ONCE. Nela xustifican o porque da necesidade de que a escola sexa un lugar de referencia da inclusión.
Nesta ocasión escoitaremos un poema que a alumna de 6º Alexandra Covelo creou para pedir unha escola inclusiva, con motivo da participación no concurso escolar ONCE deste ano. Fixádevos que creatividade nestes versos! Toda unha artista!
A continuación podedes escoitar a entrevista que Mª Jesús, de Radio Redondela, lle fixo a Francesc Bailón, o antropólogo que nos visitou para falarnos do pobo inuit.