Día da Paz
A PAZ CONSTRÚESE CON...
Os nenos e as nenas do cole de Cedeira queren ser constructores de paz, e para iso construíron un pequeno pobo no que habitan unha chea de pombas que levan nos seus corpos mensaxes de Paz. Ademais aprendemos e interpretamos dúas cancións de paz e realizamos a tradicional carreira solidadaria e colaboración coa ONG Save The Children. A recadación da carreira foi de 1.133,20 Euros. Grazas a toda a Comunidade Educativa pola vosa solidariedade.
ENCHEMOS A VIDA DE CORES CELEBRANDO O DÍA DA PAZ
Vivan as mans de cores!
Vivan os xestos con valores!
Aplausos para @s valentes!
Viva a vida de cores!
Ao ritmo desta bonita canción, o Ceip de Cedeira celebrou este ano o Día da Paz, no que quixemos poñer unha pinga de cor e de vida para alegrar os días grises de pandemia.
A Paz é un desexo universal do que todos e todas participamos e que buscamos no noso día a día cotiá, e para o que cada un de nós adica pequenas accións para conseguilo. Entre tod@s ímolo conseguir!
Seguimos adiante!!
Vivamos con alegría construíndo a PAZ!!!
CELEBRAMOS O DÍA DA PAZ
Con algúns días de retraso por mor da climatoloxía, por fin celebramos o DIA DA PAZ 2019.
Colaboramos con SAVE THE CHILDREN, un ano máis, e o alumnado buscou patrocinadores para aportar a nosa pinguiña de solidariedade cos que máis o precisan.
Foi unha mañá moi agradable e todo trancorreu sen incidentes. Como remate cantamos a canción "Pingas de paz" e tamén o xa célebre "Tren da Paz de Cedeira".
Botade unha ollada ás fotos.
CANCIÓN POLA PAZ 2017
O pasado mércores 8 de marzo, o alumnado e o profesorado do Ceip de Cedeira, cantaron e bailaron a canción: “Mensajes del agua” de Macaco como broche ao fantástico día deportivo e solidario, que comezou coa carreira solidaria para recaudar fondos para a ONG “Save the children” e rematou con esta fantástica canción, da que vos deixamos un maravilloso resumo no seguinte vídeo.
Antes da interpretación da canción, o alumnado foise colocando en círculos por cursos, formando os aros olímpicos, para o cal cada curso portaba cartolinas das diferentes cores dos aros. Durante a interpretación da canción, o alumnado levantaba as cartolinas e bailaba a canción de Macaco coa coreografía que prepararon na aula de música. Cos resultados das gravacións, o Departamento TIC elaborou este fabuloso vídeo, que xa forma parte dos arquivos da nosa canle de TV, CEDEIRA TV. Non o perdades, porque quedou fantástico e “Da gusto velos!”.
Agradecendo a participación de todos e todas, alumnado e profesorado, agardamos que o resultado sexa do voso agrado. Deixamos o enlace ao vídeo clicando na foto.
Deixamos tamén o Diploma que recibiu o Ceip de Cedeira por participar na iniciativa de Quilómetros de Solidariedade e recadar fondos para as actividades realizadas pola ONG Save the Children.
CARREIRA SOLIDARIA DIA DA PAZ
Logo do mal tempo que fixo o 30 de xaneiro e que impediu a celebración dos actos previstos para o Día da Paz, o pasado 8 de febreiro, por fin poidemos realizalos. Así, celebrouse a Carreira solidaria para recadar fondos para a ONG Save the children. A proposta: Quilómetros de Solidariedade reclamaba a recollida dos fondos para a loita polos dereitos dos nenos en paises de África. Dentro deses dereitos, este ano sinalábase coma fundamental o acceso a auga potable. Puxemos a roupa deportiva, o dorsal da ONG e botámonos á rúa. Coma non podía ser doutra maneira, CEDEIRA TV fíxose eco da nova e preparou este programa...
Día da PAZ 2016
O pasado 29 de xaneiro celebramos o DÍA DA PAZ no colexio. Con tal motivo, cada neno elaborou unha mensaxe de paz e meteuna dentro dunha botella. Logo, cada clase, pendurou as súas nas árbores do patio. Coma remate cantamos e bailamos a canción de Juanes titulada: "Paz, paz,paz".
A petición de todos, tamén cantamos todo un clásico xa neste día no cole; a composición feita hai uns anos con esa letra tan nosa: "O TREN DE CEDEIRA".
A paz comeza cun sorriso.
30 DE XANEIRO: DÍA ESCOLAR DA PAZ E DA NON-VIOLENCIA
Conmemoramos o DÍA escolar pola non-violencia e a paz e tamén a morte de Gandhi, líder nacional e espiritual de A India.
Xa sabemos que A PAZ é un valor que hai que procurar cada día, en todas partes, con todas as persoas pero o 30 de xaneiro é unha data especial porque moitos colexios no mundo reúnense nos seus patios, igual ca nós, para pedir que HAXA PAZ.
Como este ano imos viaxando POLO MUNDO ADIANTE, buscamos por todo o mundo monumentos e obras de arte que escultores, arquitectos e pintores fixeron para pedir PAZ.
Cada clase do colexio traballou unha destas obras e agora vánnolas presentar.
Ademais tamén fixemos un traballo cooperativo entre todos/as adornando o colexio co símbolo da paz decorado por nós. Mirade que bonito quedou!
O DÍA DA PAZ EN CEDEIRA
Aínda que todos os días son adecuados para "practicar" este valor, o día 30 de xaneiro celebramos o Día escolar pola non violencia e a PAZ. Este ano o profe de música compuxo a letra para unha melodía tradicional "A marxiña portuguesa", coñecida por todos como "O chacachá do tren". Todo o alumnado e o profesorado cantamos a canción e "marchamos" formando trens pola PAZ. Aquí tedes unha mostra do bonito que quedou todo.
LETRA:
En Cedeira temos Paz,
querémola manter,
por iso estamos sempre
pensando que facer.
Este ano foi un tren,
un tren que marcha ben.
A Paz vai por Cedeira
montada neste tren
No recreo nós falamos e xogamos,
e se hai algún conflicto hai que avisar,
Non berramos, non pegamos, axudamos,
que no cole de Cedeira aínda podemos mellorar.
En Cedeira temos Paz,...
E nas clases aprendemos moitas cousas,
moitas máis ainda queremos aprender;
atendemos, traballamos, estudiamos
que no cole de Cedeira todo ten que marchar ben.
En Cedeira temos Paz,...
Á saída con coidado baixaremos
ós pequenos nós debemos protexer,
e nas filas gardaremos sempre a orde
para ter moitos amigos e levarnos todos ben.
En Cedeira temos Paz,...
LETRA: Xosé Luis Ojea Veloso
MÚSICA: Canción Popular (A marxiña portuguesa) interpretada por El Consorcio como “El chacachá del tren”.