Segundo o artigo 8 da ORDE do 12 de marzo de 2013, os centros públicos adscritos a outros centros públicos que impartan etapas diferentes, consideraranse centros únicos para os efectos da aplicación dos criterios de admisión do alumnado.
O Ceip de Cedeira está edscrito ao IES Mendiño, polo que o alumnado deste centro que remata a etapa de Educación Primaria ten garantizada unha praza no mencionado instituto para comenzar o Ensino Secundario Obrigatorio. So será necesario realizar a reserva de praza presentando o correspondente formulario (ED550A) debidamente cuberto e asinado na secretaría do centro de orixe (Ceip Plurilingüe de Cedeira).
O prazo para realizar esta reserva de praza comenza o 11 de xaneiro e remata o 8 de febreiro de 2021.
O formulario (ED550A) será facilitado gratuitamente nos correspondentes centros docentes e tamén estará dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, na páxina web da Consellería de Educación ou na páxina web do Ceip de Cedeira.
A través da aplicación “admisionalumnado” (https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado) tamén se pode cubrir o formulario (ED550A) para logo imprimilo, asinalo e entregalo na secretaría do Ceip de Cedeira.
Os alumnos ou alumnas quen desexen continuar os estudos de ESO noutro centro de secundaria distino, non teñen que facer a reserva de praza, senón que teñen que agardar e presentar unha solicitude de admisión no Centro que queiran nas datas comprendidas entre o 1 e o 20 de marzo. Antes de presentar esta solicitude de admisión deberá renunciar á praza reservada no centro de adscrición antes do 28 de febreiro. A existencia dunha solicitude de admisión sen ter renunciado á praza reservada a 28 de febreiro (este incluído) poderán ser causa de perda do dereito a participar no procedemento nos termos previstos no artigo 8 da ORDE do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos.