Letras Galegas

Semana das Letras Galegas

 

A actividade estrela, onde mellor o pasan e máis aprenden os nenos e nenas, é a Xincana das Letras Galegas, que consiste en ir atopando pistas e superando probas, todo relacionado coa vida e a obra de Xela Arias.

Ademais realizáronse actividades nas aulas en diferentes soportes e tamén en liña. Realizáronse varios programas de radio para podedes escoitar aquí:

2º de Primaria: faladoiro sobre Xela Arias

4º de Primaria: Noticieiro sobre Xela Arias

Obradoiro de radio: Xela en azul

Programa de chistes do mes de maio (obradoiro de radio)

       
       
 
Faldoiro de 2º Noticieiro de 4º Xela en azul (Obradoiro) Programa de chistes (Obradoiro)

Semana das Letras Galegas 2020

Ricardo Carvalho Calero  Aquí atoparedes actividades para coñecer a vida e a obra de Ricardo Carvalho Calero

Ricardo Carvalho Calero naceu en Ferrol en 1910 e faleceu en 1990 en Santiago de Compostela. A Real Academia Galega salienta da súa figura o seu compromiso galeguista, que o levou mesmo a sufrir cárcere tras a guerra civil; a súa faceta de creador literario nos eidos da poesía, da narrativa e do teatro; o seu labor no campo da historia literaria galega, do que pode considerarse fundador coa monumental Historia da literatura galega contemporánea (1963); o feito de ser o primeiro profesor e catedrático universitario de Lingüística e Literatura Galega e a influencia, nos últimos anos da súa vida, das súas ideas sobre a lingua propia de Galicia.

A traxectoria de Ricardo Carvalho Calero pode rastrexarse nas numerosas institucións e entidades vinculadas á lingua e á cultura galegas das que formou parte ou que recoñeceron o seu labor. Foi membro do Seminario de Estudos Galegos, do Partido Galeguista, da Real Academia Galega e da Academia de Ciências de Lisboa, ademais de membro de honra da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega e da Associaçom Galega da Língua (AGAL); dirixiu o colexio Fingoi; participou activamente nas actividades do Grupo Galaxia; foi recoñecido coa Medalla Castelao da Xunta de Galicia (1984) e declarado Fillo Predilecto de Ferrol (1990).

 

As miñas primeiras Letras Galegas (con vídeos dos Bolechas) 

PROGRAMA DE RADIO DAS LETRAS GALEGAS 2017

 

Escoitade o programa de radio das Letras Galegas 2017. Este programa está dividido en dúas partes que poderedes escoitar clicando na imaxe.

Agardamos que vos guste!

 

 

Programa de radio das Letras Galegas 2016

A Radio do cole preparou un programa especial sobre o poeta Manuel María homenaxeado este ano 2016, no que participan tódolos cursos. Clica aquí para escoitalo.

FESTIVAIS DAS LETRAS GALEGAS

No mes de maio celebramos o Día das Letras Galegas no Multiusos de Redondela. Fixemos dous festivais, un para Educación Infantil e outro para Educación Primaria.

Neles tivemos: biografía de Uxío Novoneyra, catro obras de teatro, actuacións das actividades extraescolares (ballet, teatro e baile moderno), poesías, desfile de modelos, música, vídeos e presentacións,... 

Facendo clic na imaxe podedes ver varias fotografías do mesmo.

festival

VÍDEO E PROGRAMA DE RADIO SOBRE UXÍO NOVONEYRA

Uxío NovoneyraPara completar ás actividades que realizamos sobre Uxío Novoneyra, elaboramos un vídeo sobre a súa vida e obra, así como un programa de radio. Podes descargalos nos seguintes enlaces:

VÍDEO SOBRE UXÍO NOVONEYRA

PROGRAMA DE RADIO SOBRE UXÍO NOVONEYRA

ACTIVIDADES PARA TRABALLAR SOBRE UXÍO NOVONEYRA

Uxío Novoneyra
 
No CEIP de Cedeira elaboramos varias actividades para que os nenos e nenas coñezan e valoren a figura do poeta Uxío Novoneyra.
Temos en primeiro lugar unhas actividades elaboradas co programa Ardora: unha delas céntrase en Uxío Novoneyra e outra na Serra do Courel (esta conta cunha ficha de traballo en Word). Van en arquivos comprimidos. Podédelas descargar facendo clic no seu nome:

 

 

ACTIVIDADE SOBRE UXÍO NOVONEYRA FEITA CO PROGRAMA ARDORA

ACTIVIDADE SOBRE O COUREL FEITA CO PROGRAMA ARDORA

Elaboramos para pizarra dixital unha actividade no programa Smart Notebook para Primaria que podes descargar aquí.

 

Para Educación Infantil preparamos varias actividades para pizarra dixital co programa Smart Notebook arredor do libro Ilda, o lobo, o corzo e o xabarín.

 

Finalmente tendes a Oca sobre Uxío Novoneyra para achegar a este autor dun xeito lúdico aos rapaces/as de Educación Primaria. É para traballar na pizarra dixital.

A OCA DE UXÍO NOVONEYRA

Estamos xa no mes de abril. Falta pouco para celebrar as Letras Galegas. Este ano o día está dedicado ao poeta lugués Uxío Novoneyra. Para aprender algo sobre o mesmo, logo de ler a súa biografía e realizar outras actividades que estamos a preparar, podemos xogar á Oca. Preparamos unha versión adicada ao "poeta do Courel".

Pódese descargar facendo clic aquí ou na propia imaxe.

Para xogar é preciso ter instalado o programa Smart Notebook. Neste enlace descárgase a última versión (a proba por 30 días) ou unha versión de balde (a 9.7 gratuíta para Windows).

 

Oca de Uxío Novoneyra

 

 

Powered by Drupal - Design by artinet