Día da muller

AS MULLERES DA NOSA VIDA

Para conmemorar o Día Internacional da Muller elaboramos un mural coas fotos que as familias aportaron e nas que aparecen as "mulleres máis representativas na vida do alumnado" que son, en todo caso, as que están máis preto deles/as.




Día 8 de marzo: DÍA DA MULLER.

O día 8 de marzo celébrase o Día da Muller. A reivindicación de igualdade de dereitos das mulleres ten unha tradición centenaria. Con todo, foi en 1975 cando a ONU fixo oficial esta data como o Día Internacional da Muller

 

Pero esta data non é arbitraria, ten que ver con distintos sucesos que se produciron nos séculos XIX e XX.

 

Un deles ocorreu o 8 de marzo de 1857, cando centos de mulleres dunha fábrica de textiles de Nova Iorque manifestáronse co lema "PAN E ROSAS", en contra dos baixos salarios e do traballo infantil. 

Esa xornada rematou coa sanguenta cifra de 120 mulleres mortas pola brutalidade coa que a policía dispersou a marcha. Iso levou a que dous anos despois, as traballadoras fundaran o primeiro sindicato feminino.


8 de marzo: Día da Muller Traballadora

 

O 8 de marzo de 1977, a ONU declarou “O Día Internacional das Mulleres Traballadoras”, recordando outro 8 de marzo, neste caso de 1908, cando en Nueva York, un grupo de

mulleres traballadoras, costureiras industriais, declaráronse en folga para protestar polas súas condicións laboráis, pedindo un aumento dos salarios, unha redución da xornada laboral e o fin do traballo infantil.

 

Durante aquela folga pacífica, na que as mulleres levaban ceñidas ao corpo as teas de cor lila coas que traballaban, 125 mulleres morreron queimadas nun incendio na propia fábrica:

Cotton Textile Factory, provocada polos seus propios donos.

Preme neste enlace e aprenderás cousas interesantes.

Powered by Drupal - Design by artinet