Aínda que todos os días son adecuados para "practicar" este valor, o día 30 de xaneiro celebramos o Día escolar pola non violencia e a PAZ. Este ano o profe de música compuxo a letra para unha melodía tradicional "A marxiña portuguesa", coñecida por todos como "O chacachá do tren". Todo o alumnado e o profesorado cantamos a canción e "marchamos" formando trens pola PAZ. Aquí tedes unha mostra do bonito que quedou todo.
LETRA:
En Cedeira temos Paz,
querémola manter,
por iso estamos sempre
pensando que facer.
Este ano foi un tren,
un tren que marcha ben.
A Paz vai por Cedeira
montada neste tren
No recreo nós falamos e xogamos,
e se hai algún conflicto hai que avisar,
Non berramos, non pegamos, axudamos,
que no cole de Cedeira aínda podemos mellorar.
En Cedeira temos Paz,...
E nas clases aprendemos moitas cousas,
moitas máis ainda queremos aprender;
atendemos, traballamos, estudiamos
que no cole de Cedeira todo ten que marchar ben.
En Cedeira temos Paz,...
Á saída con coidado baixaremos
ós pequenos nós debemos protexer,
e nas filas gardaremos sempre a orde
para ter moitos amigos e levarnos todos ben.
En Cedeira temos Paz,...
LETRA: Xosé Luis Ojea Veloso
MÚSICA: Canción Popular (A marxiña portuguesa) interpretada por El Consorcio como “El chacachá del tren”.