Educación Primaria

Enviamos cartas ao colexio Frián.

Estamos traballando as cartas e como dicir as cousas. Por iso escribimos unha carta aos alumnos e alumnas de 2º do colexio Frián-Teis.

Esforzámonos en presentalas ben, escribir correctamente e dicir "cousas interesantes" para nós.

Algúns tiñan moitas cousas que contar, outros/as non tantas, pero iso si, fixémolo con ilusión.

A ver se lles gustan. Agardamos a resposta.

 

 

Operación Xurelo

Hoxe fixemos a disección dun peixe: XURELO.

Pertence á familia dos Carangidos; observámolo, medímolo, vimos as partes principais e diseccionámolo para ver o que tiña por dentro.

Que aprendemos? É un peixe azul, vive no mar, desprázase en bancos de moitos milleiros, é de cor prateada e está moi rico... fritido, á prancha, en escabeche... etc.

Grazas a Martina e á súa mamá por facilitarnos este exemplar de xurelo.

O mercadiño volve á aula

Os nenos e nenas da clase volven facer "O MERCADIÑO".

Pois si, despois do éxito acadado en 1º, este ano volvemos facer a actividade pero, iso si, ampliada porque agora xa sabemos pesar, calcular o que custa, cobrar e dar a volta do que vendemos.

É moi divertido e ademais aprendemos. Entre todos e todas trouxemos "cousas" para vender  (caramelos, garavanzos, arroz, espagueti, feixóns, lentellas, etc.)e, por quendas fomos mercando e vendendo.

Os/as vendedores/as tiñan tamén que pesar, empregando balanzas "das de antes"; os/as compradores/as, pola súa banda, tiñan que pagar segundo o valor da súa compra.

O caso é que o pasamos moi ben. Se non o credes, mirade...

 

Xa traballamos coa pizarra dixital.

Xa temos pizarra dixital e comezamos a traballar con ela; facemos actividades variadas, escribimos, completamos actividades, corriximos, facemos cálculos, vemos vídeos educativos, películas, facemos problemas e cálculos, etc. É un medio moi bo para presentar os contidos dun xeito máis claro, ameno e vistoso, así como unha maneira de coidar a caligrafía e as nosas presentacións. Gústanos traballar nela e aproveitar as súas posibilidades.

Desde logo, ten moitos/as "pretendentes" interesados en utilizala.

 

Obradoiro de mini pizzas, mmm...!!!

Despois de varias experiencias gastronómicas anteriores e como nos gusta moito comer pero tamén hai que aprender a facelo nós mesmos, decidimos facer... mini pizzas !!!

Primeiro coñecemos e trouxemos os ingredientes que leva unha pizza e aprendemos como facelas seguindo unha receita, despois aprendemos que aparellos de cociña podemos empregar para elaboralas e por último metemos as mans na masa.

Este día xuntámonos todos os alumnos e alumnas de 1º e fixemos unha clase práctica de cociña. Cada un/unha trouxo os ingredientes básicos da pizza máis o que lles gustase botarlle e fixeron unha pizzas riquísimas. Cando as forneamos, aquilo cheiraba que arrecendía.

RECURSOS

 
     
     

FILLOAS DE ENTROIDO

Este Entroido os nenos e nenas de 1º  fixemos filloas cunha receita tradicional. Trouxemos o preparado da casa e liámonos a facelas na filloeira. Hai que ver que ben nos saíron!! E o ricas que estaban!! Non quedou nin a proba!!

 

Powered by Drupal - Design by artinet