O pasado 8 de abril, o alumnado de 5º e 6º asistiu a un concerto didáctico no teatro Afundación, en Vigo. O concerto a cargo de Xoán Curiel e Charo Pita e o seu grupo Son+D2 fai un repaso ao seu libro-disco: Estamos no verán". Ao longo da actuación conta a historia duns amigos que, no verán, queren formar un grupo de música. Un espectáculo no que as nenas e os nenos cantaron, bailaron e improvisaron ao ritmo de diferentes estilos (rock, pop, jazz, blues, bossa nova...). Música en directo, danza e elementos teatrais ou de clown misturáronse para facilitaren unha aprendizaxe da cultura musical e a linguaxe creativa.
Pasámolo moi ben, comprobádeo coa seguinte reportaxe: