O venres 11 de abril fixemos unha saída "Polo mundo adiante" para descubrir as cousas marabillosas que tamén temos preto de nós... esta vez foi ao entorno do río Xabriña. Pasamos un día moi completo e divertido no que: andamos pola beira do río coñecendo lugares estupendos e paradisíacos; comemos en todos/as xuntos/as nunha zona de muíños, que puxeron a andar para o noso desfrute e estivemos moi "motivados" para facelo andar e moer o millo; participamos en xogos moi divertidos; visitamos un lagar da cera e un museo dese oficio onde observamos como se traballa este "ouro das abellas". Enfin, un día inesquecible. Queredes ver algunhas das mellores instantáneas? Pois aquí as tedes.