O día 15 participamos na actividade de atletismo correspondente ao programa
de Deporte Escolar.
No pavillón de Soutomaior xuntámonos con alumnos/as dos colexios de Pazos
de Borbén, Soutomaior e Vilaboa. Algunhas das probas nas que participamos
foron salto de lonxitude, lanzamento de xabelina, 10x10, carreiras, lanzamento
de balón medicinal,...
O próximo día 28 retomaremos o Deporte Escolar con bádminton, baloncesto,
voleibol, balonmán e fútbol sala. Iremos ao colexio Santiago Apóstol de Arcade.