O pasado día 3 de marzo comezou a participación do colexio no deporte escolar. Desprazámonos ata o CPI Curros Enríquez, en Pazos de Borbén. Alí o alumnado de 5º e 6º fixo unha proba cultural e practicou varios deportes: bádminton, baloncesto, voleibol, balonmán e fútbol sala.
O día 23 deste mes haberá unha nova xornada que se desenvolverá en Soutomaior.
Para ver as imaxes da xornada podes facer clic na imaxe.