NAVEGA CON RUMBO

Rematamos este mes coa segunda actividade sobre navegación segura en internet. A charla de Navega con rumbo para o alumnado de 5º e 6º resultou de gran interese e utilidade práctica.

No vídeo tendes parte do contido da exposición do poñente: as dez claves para usar internet con seguridade.

Tamén é de moito interese a web de pantallas amigas:

A web de NAVEGA CON RUMBO é de gran utilidade para toda a familia, con guías para todos/as.


 

O DÍA DA PAZ EN CEDEIRA

Aínda que todos os días son adecuados para "practicar" este valor, o día 30 de xaneiro celebramos o Día escolar pola non violencia e a PAZ. Este ano o profe de música compuxo a letra para unha melodía tradicional "A marxiña portuguesa", coñecida por todos como "O chacachá do tren". Todo o alumnado e o profesorado cantamos a canción e "marchamos" formando trens pola PAZ. Aquí tedes unha mostra do bonito que quedou todo.

 

LETRA:

En Cedeira temos Paz,

querémola manter,

por iso estamos sempre

pensando que facer.

Este ano foi un tren,

un tren que marcha ben.

A Paz vai por Cedeira

montada neste tren

 

No recreo nós falamos e xogamos,

e se hai algún conflicto hai que avisar,

Non berramos, non pegamos, axudamos,

que no cole de Cedeira aínda podemos mellorar.

 

En Cedeira temos Paz,...

 

E nas clases aprendemos moitas cousas,

moitas máis ainda queremos aprender;

atendemos, traballamos, estudiamos

que no cole de Cedeira todo ten que marchar ben.

 

 

En Cedeira temos Paz,...


Á saída con coidado baixaremos

ós pequenos nós debemos protexer,

e nas filas gardaremos sempre a orde

para ter moitos amigos e levarnos todos ben.

 

En Cedeira temos Paz,...

 

 

LETRA:  Xosé Luis Ojea Veloso

MÚSICA: Canción Popular (A marxiña portuguesa) interpretada por El Consorcio como “El chacachá del tren”.

O SORTEO DA WII

O día 25 de xaneiro celebrouse o sorteo da ONCE que todos estabamos agardando porque a rifa que coincidise co número premiado, gañaría a WII. O número premiado foi o 509 que correspondeu a unha rifa vendida por un neno de 5º. Xa entregamos o premio ao gañador que quedou "encantado" co seu agasallo. Grazas a todos por participar e aos "patrocinadores" pola súa colaboración.


 

DESCARGA "O LIBRO DOS REIS MAGOS"

A Consellería de Cultura presentou onte O libro dos Reis Magos, con ilustracións de Marina Seoane e textos de 26 escritoras galegas como Paula Carballeira, Rosario Golmar, Rosalía Morlan, Andrea Porto, Celia Parra, Eva Lozano, Inma López Silva, Yolanda Castaño, Anxos Sumai ou Rosa Aneiros. Segundo Xesús Vázquez, conselleiro de Cultura e Educación, "a Consellería impulsa esta nova iniciativa de promoción do galego para que os representantes das súas maxestades os Reis Magos de Oriente, podan ler aos máis cativos as súas peticións e bos desexos para o noso idioma".

PÓDESE DESCARGAR DE BALDE  FACENDO CLIC NA IMAXE


O APALPADOR VOLVE POLO NADAL

O Apalpador é un personaxe mítico galego que baixa polo Nadal a levarlles os agasallos aos nenos. Entra de noite nos seus cuartos cando están durmidos e apálpalles a barriguiña por ver se están mantidos e déixalles, ademais dos xoguetes, unha presa de castañas.
Ten un tronco común con outras tradicións europeas e do norte de España (Olentzero basco e Esteru astur-cántabro) e probablemente a mesma orixe, pero que desgrazadamente en Galicia estaba practicamente esquecido.
O rito da Noite do Apalpadoiro foi descrito por varios estudosos e a figura do personaxe refírese na zona da montaña lucense e, nomeadamente, no Courel.
No oriente ourensán existen referencias a este personaxe aínda que, nalgúns casos, con outros nomes e, noutros, con atribucións menos simpáticas como son as de espantar aos nenos.
Neste conto, Xoán G. pretende espilo das deturpacións que ben poden responder a superposicións pouco afortunadas doutros costumes e quedarse co concepto positivo do personaxe e co seu agarimo.

Facede clic na imaxe para ler o conto.

http://www.apalpador.com

Xa chegou o Nadal!!!!

Xa estamos no Nadal e no cole celebrámolo como cada ano con moitas actividades: panxoliñas, obradoiros varios, teatro, chocolatada, pelis... e ata nos veu visitar un Papá Noel moi especial, que recitaba poesías e todo.


 Pois si, houbo de todo un pouco e para que o vexades na casa aquí tedes unha mostra.


CAMPAÑA GÚSTAME O GALEGO

A Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua presenta o vídeo "Gústame… o galego!"

Despois do éxito nas redes sociais das fotos da acción "Gústame o galego", chega agora un divertido e entusiasta vídeo co que moita xente quere seguir dicindo que lle gusta o galego.

O son da nosa fala con Celso Emilio Ferreiro

O día 12 do mes 12 do ano 2012, moitos colexios de Galicia uníronse para recitar e lembrar a Celso Emilio Ferreiro ao cumprirse o centenario do nacemento do poeta celanovés, unha das voces fundamentais da literatura galega da segunda metade do século XX.

No noso colexio tamén nos quixemos unir a este acto promovido pola Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística (CGENDL)

Con este pequeno acto desexamos renderlle pública homenaxe cunha acción de carácter colectivo que simbolice toda a forza e enerxía que transmite a súa palabra, símbolo permanente de valores de solidariedade e xustiza universais, pero tamén de compromiso cívico coa cultura e lingua de Galicia.

Mil primaveras máis!    

 

SER LIBRIS

Gran iniciativa para o tempo de Nadal. Nada mellor que os libros para "Ser libris". Fai clic na imaxe.


Saída do 3º Ciclo

Hoxe o alumnado de 5º e 6º fixo unha saída didáctica para realizar dúas actividades moi interesantes.

Vimos unha proxección de cine submarino no Centro Cultural "García Barbón" de Caixanova, sobre a Gran Barreira de Coral de Australia.

Despois visitamos a exposición interactiva de Naturnova, na que tocamos, ulimos, percibimos e fixemos unha visita virtual ao fondo da Ría de Vigo.

Acompañounos o tempo e aproveitamos para dar unha voltiña pola Alameda de Vigo.

Unha mañá moi aproveitada.

Powered by Drupal - Design by artinet