PRESENTACIÓN DE CANDIDATURAS ATA O 8 DE NOVEMBRO
Impreso de presentación de candidatura.
Este foi o TINTEIRO gañador do primeiro reto.
A autora foi Naia Campos, de 5º de EP.
Noraboa!
O venres 21 de xuño, último dia do curso, recibimos a visita dos usuarios e usuarias do Centro de Día “Os Cortizos”. Con eles e elas compartimos unha mañá de obradoiros colaborativos entre o alumnado e os maiores.
Fixeron biscoitos en 3 minutos, dous programas de radio, manteis, origami e magnéticos… unha chea de cousas!
Foi unha mañá de convivencia moi emotiva e moi ben valorada por ambas entidades e que queremos repetir o vindeiro curso. Grazas a todos e a todas!
Estse curso fixemos dúas saídas colectivas de convivencia de todo o alumnado e todo o profesorado. A primeira, á contorna do Monte Vixiador, con andaina e merenda incluídas; a segunda, ao cine de Vialia, para ver a película "Garfield 2", flocos incluídos. A verdade é que o pasamos moi ben...
Como cada ano desde fai xa cinco, adiicamos a semana do 3 ao 7 de xuño para facer as exposicións dos cursos coa ciencia, as matemáticas, a física e a tecnoloxía como protagonistas.
O último día tivemos uns obradoiros de "Ciencia divertida" nos que participaron todos os cursos.
Aquí tedes un resume dos obradoiros feitos coas familias na biblioteca.
Tinteiro "Rúas e rueiros"
Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013 |