Semana das Letras Galegas 2020

Ricardo Carvalho Calero  Aquí atoparedes actividades para coñecer a vida e a obra de Ricardo Carvalho Calero

Ricardo Carvalho Calero naceu en Ferrol en 1910 e faleceu en 1990 en Santiago de Compostela. A Real Academia Galega salienta da súa figura o seu compromiso galeguista, que o levou mesmo a sufrir cárcere tras a guerra civil; a súa faceta de creador literario nos eidos da poesía, da narrativa e do teatro; o seu labor no campo da historia literaria galega, do que pode considerarse fundador coa monumental Historia da literatura galega contemporánea (1963); o feito de ser o primeiro profesor e catedrático universitario de Lingüística e Literatura Galega e a influencia, nos últimos anos da súa vida, das súas ideas sobre a lingua propia de Galicia.

A traxectoria de Ricardo Carvalho Calero pode rastrexarse nas numerosas institucións e entidades vinculadas á lingua e á cultura galegas das que formou parte ou que recoñeceron o seu labor. Foi membro do Seminario de Estudos Galegos, do Partido Galeguista, da Real Academia Galega e da Academia de Ciências de Lisboa, ademais de membro de honra da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega e da Associaçom Galega da Língua (AGAL); dirixiu o colexio Fingoi; participou activamente nas actividades do Grupo Galaxia; foi recoñecido coa Medalla Castelao da Xunta de Galicia (1984) e declarado Fillo Predilecto de Ferrol (1990).

 

As miñas primeiras Letras Galegas (con vídeos dos Bolechas) 

23 DE ABRIL DE 2020. CELEBRAMOS O DÍA DO LIBRO

Nun momento tan especial coma este, confinados, alonxad@s d@s amigos e amigas, familiares e coñecid@s, queremos seguir mantendo a normalidade das celebracións e que mellor que un libro para acompañarnos ao longo dos días. 

As nosas amiguiñas e os nosos amiguiños recoméndannos as súas lecturas preferidas.

 

 

 

LIBROS PARA TEMPOS REVOLTOS: PARA DESCARGAR E PARA VISUALIZAR EN ABERTO

Varias editoriais poñen a disposición dos lectores e lectoras varios títulos, adecuados para distintas idades.

Un bo momento para ler. Preme nas imaxes e accederás ás paxinas de descarga e visualización.

 

                                                                              
                                                                                                                                                        

 

 

 

@S NOS@S ALUMN@S TEÑEN MOITO QUE DICIR...

 

 

O alumnado pon o seu gran de area dando consellos nesta época tan complicada.

Traballando en equipo ímolo conseguir!

Entra neste enlace e verás o que están propoñendo.

 

 

Podcast de ceipcedeira: RECITADO DE VERSOS DE ROSALÍA

Na canle de radio ceipcedeira en iVOOX, xa podedes escoitar o emotivo recitado de versos no que participou todo o alumnado do colexio para celebrar o día da poeta.

Preme na imaxe para escoitalo.

Powered by Drupal - Design by artinet