Audio by artist ceip_de_cedeira

PROGRAMA DE RADIO SOBRE LOIS PEREIRO

Co gallo das Letras Galegas no colexio fixemos un programa de radio coa colaboración de distintas aulas. Podes escoitalo facendo clic aquí: Click to play. 

Tamén podes descargalo premendo na imaxe ou na ligazón  Download audio file.



8 MB

PROGRAMA DE RADIO LETRAS GALEGAS 2012

Como todos os anos, ofrecemos o Programa de radio especial (de 22 minutos de duración) das Letras Galegas, neste caso sobre Valentín Paz Andrade. Nel colaboraron alumnos/as dos distintos ciclos.

Pódese descargar (20mb) facendo clic aquí.

Tamén pódese escoitar facendo clic en " Click to play"


8 MB

PROGRAMA DE RADIO DAS LETRAS GALEGAS 2013

Presentámosvos aquí o programa de radio que realizamos no CEIP de Cedeira co gallo do Día das Letras Galegas 2013. Nesta edición adícase a Roberto Vidal Bolaño. Podedes escoitalo e, se vos gusta, descargalo no voso ordenador facendo clic na imaxe.


8 MB

PROGRAMA DE RADIO "POLO MUNDO ADIANTE"

O venres 30 de maio estivemos na emisora de Radio Redondela participando en directo co noso programa “Polo mundo adiante”. Nel incluimos as testemuñas das familias que colaboraron relatando as súas experiencias ben na emigración como na inmigración.

Foi unha experiencia moi emocionante, sobre todo pensando que estabamos sendo escoitados dende lugares tan lonxanos como Bogotá, Brasil, Cuba, Angola, Mozambique … por tanta xente! A organización Ponte nas Ondas, que acolle a centros educativos de Galicia e de Portugal, celebraba así o seu vinte aniversario cunha maratón radiofónica que comenzou ás 10.00 horas e rematou ás 22.00horas.

Se non poidestes escoitarnos en directo,podedes oir ou descargar a gravación que fixemos no colexio, a modo de ensaio. O enlace de descarga atópase aquí ou debaixo das fotografías.


11.75 MB

PROGRAMA DE RADIO DAS LETRAS GALEGAS 2014

Como todos os anos, no CEIP de Cedeira realizamos un programa de radio sobre o autor homenaxeado no Día das Letras Galegas. Neste ano Xosé María Díaz Castro foi o elixido pola Real Academia Galega. Na elaboración do mesmo participou alumnado de distintas aulas do colexio.

Podedes escoitalo ou descargalo facendo clic aquí ou na imaxe.

 


12.59 MB

DÍA MUNDIAL DA RADIO

Hoxé é o Día Mundial da Radio. No CEIP de Cedeira fixemos un pequeno programa lembrando esta importante data.

Podedes descargalo facendo clic aquí ou na imaxe.


6.99 MB

LEMBRANDO A ROSALÍA DE CASTRO

No cole lembramos a Rosalía compoñendo entre todas as aulas un mural con estrofas do poema "Campanas de Bastabales". O alumnado de sexto recitouno pola radio (podedes escoitalo facendo clic aquí).

 


6.21 MB

DÍA MUNDIAL DA RADIO 2016

Mañá día 13 de febreiro, celébrase o Día Mundial da Radio; no CEIP de Cedeira quixemos sumarnos a esta iniciativa aprobada pola UNESCO no ano 2011.

O noso programa enmárcase no proxecto que desenvolvemos no colexio ao longo deste curso: "Con ton e Arte". O alumnado de 3º e 4º de Educación Primaria participa no mesmo co que investigaron sobre arquitectura popular: os canastros.

O programa emitirase por Radio Redondela o vindeiro luns entre as 12:30 e as 13 horas.

Tamén se pode escoitar facendo clic na imaxe.


5.38 MB

PROGRAMA DE RADIO DAS LETRAS GALEGAS

A Radio do cole preparou un programa especial sobre o poeta Manuel María homenaxeado este ano 2016, no que participan tódolos cursos. Clica aquí para escoitalo.


15.89 MB

Powered by Drupal - Design by artinet