DÍA MUNDIAL DA RADIO 2016

Mañá día 13 de febreiro, celébrase o Día Mundial da Radio; no CEIP de Cedeira quixemos sumarnos a esta iniciativa aprobada pola UNESCO no ano 2011.

O noso programa enmárcase no proxecto que desenvolvemos no colexio ao longo deste curso: "Con ton e Arte". O alumnado de 3º e 4º de Educación Primaria participa no mesmo co que investigaron sobre arquitectura popular: os canastros.

O programa emitirase por Radio Redondela o vindeiro luns entre as 12:30 e as 13 horas.

Tamén se pode escoitar facendo clic na imaxe.

Powered by Drupal - Design by artinet