RECORDOS DA I FEIRA DO LIBRO SOLIDARIO...

Unha vez rematada a I Feira do Libro Solidario e despois de ter analizado e avaliado o proceso e o resultado; chegou a hora de relaxarse e mostrarvos a través desta montaxe, as imaxes de como se desenvolveu e do gran éxito que tivo entre o noso alumnado.

Esperamos que desfrutedes vendo as imaxes, tanto coma nós mentres tivo lugar a feira!

Agradecemos especialmente a creación desta montaxe, á mestra Rocío, que tantas horas adicou ao procesamento das numerosas fotos dos 5 días de Feira!

 

ROSALÍA VERSO A VERSO

Unha parte do alumnado do noso centro quixo participar no certame "Rosalía verso a verso", que cada ano organiza o Servizo de Normalización Lingüística da Mancomunidade de Ordes.

Resultado de imagen de rosalía de castro

Concretamente participou todo o ciclo de Educación Infantil, 1ºA e 1ºC de Educación Primaria e 3ºB de Educación Primaria.

Premendo nos seguintes enlaces podedes ver o seu traballo.

Enlace ao facebook para ver as montaxes de todas as clases participantes.

Enlace directo á montaxe de Educación Infantil.

Enlace directo á montaxe de 1ºA de E.P.

Enlace directo á montaxe de 1ºC de E.P.

Enlace directo á montaxe de 3ºB de E.P.

Noraboa de antemán, tanto ao alumando partipante como ás súas titoras, polo gran traballo que levaron a cabo. Agardamos que tanto traballo teña a súa recompensa!

 

OS MAIOS

 

Os nenos e nenas do CEIP ADR Casteao celebran os maios.

Preme na imaxe para ver a montaxe que fixemos.

MOITAS GRAZAS A TODAS AS FAMILIAS  POLA SÚA COLABORACIÓN.

 

 

O SABOR DA AVENTURA ESTÁ NO MAR

Unha parte do alumnado do centro está a desenvolver unha serie de actividades para o fomento do consumo de peixe. Estas actividades están englobadas dentro dun programa chamado "Aliménta-T ben"; e desta volta, a modalidade elixida para traballar cos rapaces e rapazas foi "O sabor da aventura está no mar" (Plan Proxecta).

En breve mostraremos na web as numerosas e interesantes actividades que levan feito nestas aulas, pero non queremos deixar pasar a oportunidade de comentar a celebración dun obradoiro que se desenvolveu no centro ao longo de tres sesións, na biblioteca escolar e que foi todo un éxito. Mirade algunhas imaxes.

  

O SABOR DA AVENTURA ESTÁ NO MAR!

 

VISITA DE LEDICIA COSTAS

Neste mes de maio que vén de comezar, visitounos na nosa Biblioteca Escolar LEDICIA COSTAS, divertida, cercana, amorosa, simplemente... FANTÁSTICA!!

Falounos da súa infancia, dos seus avós, dos seus libros...

Nós fixémoslle preguntas, falámoslle dos libros que lemos, do moito que nos gustaron e do que nos gustaría que escribise nos seus próximos libros.

 

Quedou encantada de vir ao noso cole porque todos os/as alumnos/as de 4º de Educación Primaria leron o seu libro estrela: "Escarlatina, a cociñeira defunta", pero como lles gustou tanto ese libro, algúns decidiron ler outros libros da mesma autora. Na nosa biblioteca escolar pódense atopar exemplares destas obras: "Esmeraldina, a pequena defunta", "A señorita Bubble" e "As peripecias de Extravaganzza Pérez".

Grazas Ledicia, quedas para sempre nos nosos corazóns!!

 

4º DE EDUCACIÓN INFANTIL ASISTE A UN CONCERTO NO CONSERVATORIO HISTÓRICO

Unha vez máis, o alumnado do CEIP ADR Castelao puido asistir a un concerto didáctico no Conservatorio Histórico de Santiago de Compostela. Desta volta tocoulle ao alumnado máis noviño do centro, o de 4º de Educación Infantil. Foi a súa primeira saída en autobús ata tan lonxe e encantoulles; foi todo un éxito.

 


Premede nas claves e nas maracas para ver dous pequenos fragmentos do concerto e como o noso alumnado participa nel (todos os nenos e nenas puideron participar, dun ou doutro xeito, pero por motivos obvios, non podemos mostrar nada máis que uns anaquiños).

Resultado de imagen de claves instrumento             Resultado de imagen de dibujo de maracas

 

  

REBUMBIO MATEMÁTICO. O C.E.I.P. ADR CASTELAO CLASIFICADO PARA A FINAL.

Despois de ter acudido á fase previa do Rebumbio Matemático en Santiago de Compostela, unha parte dos/as representates do noso alumando conseguiu pasar á seguinte fase; a Fase final do XVIII Rebumbio Matemático.

Esta terá lugar na Coruña o vindeiro 25 de maio e que agardamos que sexa un éxito para o noso centro.

O grupo clasificado, "Pitágoras elevado al cubo", está formado por dous alumnos e unha alumna de 6ºC:

Alonso Rodríguez Mata

Manuel Vilariño Míguez

Cristina Sanjurjo Suárez

NORABOA!!

E moita sorte na seguinte fase!!

Premendo aquí podedes consultar os centros que pasaron á final.

 

PRESENTACIÓN DE "PAKOLAS"

O alumnado de Educación Infantil, asistiu na Biblioteca Escolar Botalerias á presentación do Libro "Pakolas".

É un libro CD elaborado en colaboración co Colexio Profesional de Logopedas e Galicia.

O autor e compositor dos temas que inclúe é Paco Cerdeira e a ilustradora do libro é unha veciña de Ordes: Laura Romero; e foi esta última a encargada de vírnolo presentar. Estámoslle moi agradecidos.

Benvido ao noso cole PAKOLAS!!

 

PROXECTO LANDRAS. DE ORDES A VINCIOS.

O seguinte paso do Proxecto era sacar os carballos das aulas e levalos ao patio do centro, para seguir alí co proceso e cos coidados, pero intentando xa que as prantas se vaian adaptando ás condicións climatolóxicas do lugar. Seguramente, tras este paso, haxa baixas e teñamos carballos que non saian adiante, pero é o normal nestes casos (ao igual que non naceron todos os que se prantaron).

Na seguinte imaxe podedes observar como os Carballos que naceron e medraron nas nosas aulas, pouco a pouco van collendo forma e nuns meses estarán no momento óptimo para seren transplantados. Que nervos!!

 

DÍA O LIBRO. I FEIRA DO LIBRO SOLIDARIO

Dende o Equipo de Biblioteca Escolar "Botalerias", queremos dar conta de como transcorreu a I Feira do Libro Soliario que se celebrou no noso centro entre os días 23 e 27 de abril.

Comezaremos dicindo que foi todo un éxito, xa que participou toda a comunidade educativa e os obxectivos de fomentar a lectura e a solidaridade no alumnado foron máis que acadados.

Pasaron pola feira todas as clases do centro e o troco de libros por alimentos creou unha gran expectación e interese entre o alumnado, familias e persoal do centro tanto docente coma non docente.

A solidaridade de todos/as e cada un quedou patente se nos fixamos no dato de kilogramos totais de alimentos recadados... algo máis de 1500 kg!! Sen esquecernos dos produtos de hixiene que non foron contabilizados.

Os/as voluntarios/as da Cruz Vermella foron os nosos aliados ao vir cada día ao centro a recoller os kilos de produtos recadados e estar sempre á nosa disposición para o que precisaramos.

E, por suposto, non queremos deixar de dar as grazas ás familias, tanto pola doazón dos libros de segunda man que foron empregados para a feira, coma pola cantidade de alimentos e produtos de hixiene doados a través dos fillos e fillas ao longo desta semana.

De igual xeito, queremos tamén informar das canles de publicidade das que gozou esta actividade: a propia páxina web do centro, carteis publicitarios no colexio, o xornal Crónicas, o facebook do xornal Crónicas, o facebook do Concello de Ordes, unha entrevista para Radio Cope Santiago (minuto 30 do programa emitido o xoves 26 de abril) e por suposto o boca a boca de todos e todas as implicadas.

 

Agardamos que a Feira do Libro Solidario se repita de xeito anual e que se convirta nunha Gran Tradición do noso centro.

GRAZAS!