DESEXO DE NADAL DO ALUMNADO DE 6ºA

O alumnado de 6ºA de Educación Primaria tivo o pracer de contar cunha mestra de prácticas, Eva. Con ela estiveron aprendendo e traballando moitas cousiñas, e unha delas foi este vídeo-montaxe que prepararon expresando os seus desexos para este Nadal en relación co coidado do medio ambiente...

Mirádeo e escoitádeo con atención...

Imagen relacionada

 Grazas Eva polo teu traballo! Moita sorte!

 

@s de 6º FORON AO NUMAX E AO PARLAMENTO...

O alumnado de 6º de Educación Primaria, rematou este primeiro trimestre do curso cunha visita á cidade de Santiago de Compostela.

Foron a visitar o Parlamento e tamén a ver unha película ao Numax.

   

 

Premede aquí para ver un breve vídeo dos cativos/as no Parlamento...

 

 

ESCOLA DE NAIS E PAIS. COMUNICACIÓN ASERTIVA E RESOLUCIÓN DE CONFLICTOS.

A Escola de Nais e Pais convocou de novo ás familias do alumnado para unha nova sesión de traballo.

Desta volta traballouse o tema de "A comunicación asertiva e a resolución de conflictos" coa especialista Marián Cobelas.


Agardamos que cada vez a participación sexa maior e que todas as actividades propostas pola ANPA en colaboración co colexio sexan do voso agrado!

 

2º NIVEL. SAÍDA AO NUMAX

Aproveitando a saída ao NUMAX, fomos de paseo pola zona vella de Santiago de Compostela ata chegar á catedral.

Unha bonita e interesante saída!!

 

 

DÍA DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE 3-12-18

AO LONGO DO MES DE DECEMBRO, ESTIVEMOS TRABALLANDO CO ALUMNADO EN TORNO AO TEMA DA DISCAPACIDADE DAS PERSOAS, APROVEITANDO A CONMEMORACIÓN DO 3 DE DECEMBRO.

VARIAS AULAS QUIXERON COLABORAR COA CREACIÓN DUN CÓMIC CONMEMORATIVO... (ACTIVIDADE IMPULSADA POLO E.D.L.G.)

MIRADE QUE BEN QUEDARON AS EXPOSICIÓNS!

 

 


AMBIENTE NAVIDEÑO NO COLE...

No colexio CASTELAO xa se respira un ambiente navideño...

Nos corredores...

 

 

 

Na Biblioteca...

E o que nos queda...!!! En breve ensinaremos máis fotografías de todo o que está acontecendo nestas datas...

 

ESCOLA DE NAIS E PAIS (ENAPA)

Estimadas familias: 

Queremos convidar a todas as familias a unha charla sobre "Comunicación en familia e resolución de conflictos" que se celebrará o mércores 19 de decembro ás 16 horas na aula de música do noso centro.

Esperamos a vosa participación.

Un saúdo.

O EQUIPO DIRECTIVO.

CIRCULAR INFORMATIVA

EXPOSICIÓN BIBLIOGRÁFICA NA BIBLIOTECA DE BOTALERIAS

O P.D.I. deste ano, no noso centro, leva por título

"Os animais en perigo de extinción".

Cada grupo-clase selecionou un animal que nestes momentos se atopa en perigo de extinción e sobre el xirarán parte das actividades e proxectos que se desenvolverán ao longo do curso. De igual xeito, a temática permite que cada titor/a e mestre/a especialista, poida profundizar no tema todo o que desexe.

Por elo, dende o Equipo de Biblioteca quixemos facilitarlle un pouco a labor de investigación a quen desexe converterse en experto/a, poñendo á disposición da comunidade educativa unha ampla selecion de libros de consulta e narrativa onde os protagonistas son, dun ou doutro xeito, os animais en perigo de extinción.

 

Pouco a pouco estamos indagando neste tema que tanto nos preocupa e que esperta no noso alumnado un gran interese. Agardamos a vosa colaboración, como familias, sempre e cando os titores/as dos vosos fillos/as volo soliciten.

GRAZAS DE ANTEMÁN!

 

CONTACONTOS PARA EDUCACIÓN INFANTIL

O alumnado de Educación Infantil tivo o privilexio de recibir no centro a visita de Celtia Figueiras. Desfrutaron do seu bo facer co conto de "Os tres porquiños" e "O gato con botas". 

 

Igualmente, presentounos o libro-cd "Cantamos?" e asinounos todos os exemplares que temos no centro.

Deste libro parte o espectáculo homónimo "Cantamos?" do que ela forma parte xunto con outros artistas.

Podedes ver un breve fragmento dunha das súas actuacións premendo no seguinte enlace.

Imagen relacionadaResultado de imagen de luis vallecillo libro cantamos

Foi todo un pracer!! Moitas grazas por vir!!

 

COÑECEMOS O FUNCIONAMENTO DE SOGAMA...

O alumnado de 6ºB e 6ºC de Educación Primaria, tivo a oportunidade de asistir tamén ás charlas acerca do proceso de reciclaxe de Sogama. Non puideron facelo a primeira vez que viñeron, pero si nesta segunda visita.

 Grazas pola visita!!