O MARTES... O MECO...

O MARTES SEN PEREZA

PORÁS ALGO NA CABEZA

O MECO...

Eu son o rei do entroido

Meco danme en chamar

obedece as miñas ordes

se ben o queres pasar.

O LUNS VEN FRESQUIÑO

TRAE DE CAPA UN MANTELIÑO.

 

6º DE EDUCACIÓN INFANTIL VISITA A CASA DOS PEIXES DA CORUÑA

Os nenos e nenas de 6º de Educación Infantil tiveron a oportunidade de visitar a Casa dos Peixes da Coruña.

Mirade que ben o pasaron e todo o que puideron ver...

  

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

ATA A PRÓXIMA!!!

 

II XORNADA INTERCOMARCAL DE BÁDMINTON EN TRAZO

O sábado, 16 de febreiro, unha grupo de alumnos e alumnas do noso colexio, asistiu á II Xornada Intercomarcal de Báminton no Pavillón Polideportivo Municipal de Trazo, incluída  no Programa XOGADE da Secretaría Xeral para o Deporte.

Con elo, pretendemos potenciar, favorecer e promocionar o achegamento do noso alumnado a diferentes modalidades deportivas. Nesta ocasión, unha representación do alumnado de 4º, 5º e 6º de Educación Primaria  participou nunha xornada da Liga Intercomarcal de Bádminton.

Na xornada, ademais do noso centro, participaron as Escolas Deportivas dos concellos de Trazo, Boimorto, Melide e Toques.


 

HOSPITAL DE LIBROS.

Na nosa biblioteca temos un novo personaxe...

A súa labor será a de reparar os libros que aparezan estropeados, con páxinas rotas, despegados, etc.

Cada vez que vexades un libro que non estea en boas condicións, deixádeo dentro da caixa branca que ten onda el!!!

Non vos esquezades!!!

 

PFPP "INICIACIÓN Á ROBÓTICA". TRABALLAMOS CON LEGO.

Os mestres e mestras que estamos recibindo a formación en Robótica, tivemos a oportunidade de interaccionar, desta volta, combinando o uso dos robots (MBOT) con estruturas feitas con LEGO. Estamos conseguindo afianzar toda a información e coñecementos transmitidos, para logo poñelos en práctica co alumnado!!

Non é nada doado isto da programación, pero estamos poñendo moito empeño!!

 

 

 

TEATRO PRINCIPAL (5º DE EDUCACIÓN PRIMARIA)

O alumnado de 5º de Educación Primaria, foi ao Teatro Principal a ver a obra de teatro "O Faiado".

Con ela pretendíase fomentar valores que propicien a convivencia: a colaboración, respecto, diálogo posta en común e toma de decisións. Tamén se pretendía coñecer e utilizar de forma apropiada a lingua galega, coñecer e aprender aspectos e persoeiros da cultura tradicional e folclórica, apreciar e valorar as singularidades culturais, lingüísticas, físicas e sociais de Galicia ademais de estimar a lingua galega como propia, como mostra de identidade de Galicia.

 

OS AXUDANTES DE BOTALERIAS PRESENTAN NOVIDADES DA BIBLIOTECA

Os axudantes e as axudantes de Botalerias, tiveron estes últimos días unha tarefa moi importante.

Foron @s encargad@s de ir polas aulas de Educación Primaria de todo o centro presentando as novidades que se adquiriron dende a Biblioteca esta última tempada.

Tiveron que prepararse, coñecer ben o que ían presentar e, coma sempre, fixérono de 10!!

Temos uns axudantes de Biblio excepcionais!!

 

MOITAS GRAZAS POLO VOSO TRABALLO RAPACES/AS!!

PFPP "INICIACIÓN Á ROBÓTICA"

Unha parte do profesorado do CEIP ADR Castelao, interesado pola introdución da robótica no día a día das aulas, está levando a cabo este curso un Plan de Formación Permanente do Profesorado que terá unha duración de dous cursos e grazas ao cal, se poderán ir poñendo en práctica diferentes actividades de robótica co alumnado.

Despois dalgunha sesión máis teórica, desta volta comezamos a montar os robots mBot que nos facilitan dende o CAFI para o traballo diario co alumnado unha vez teñamos adquiridos os coñecementos necesarios.

 

 

 

 

 

CONTACONTOS PARA 3º DE EDUCACIÓN PRIMARIA

Os alumnos e alumnas de terceiro de Educación Primaria puideron desfrutar dunha sesión de contacontos a través da cal se pretendía fomentar a lectura entre o alumnado!!

Esta labor estivo a cargo de SABELA, que o fixo dun xeito moi participativo e motivador para os cativos/as!!

Foi moi interactivo e todos e todas quedaron encantados!!

Agardamos que volva a facernos unha visita en canto poida!!

Que ben o pasamos!!