LETRAS GALEGAS 2020. VÍDEO ALUMNADO 1º DE EDUCACIÓN PRIMARIA.
Mirade o gran traballo que están facendo os nenos e as nenas de 1º de Educación Primaria (e as súas familias) dende as súas casas.
ASÍ CONMEMORARON O DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2020 (premede no enlace)
https://drive.google.com/open?id=1mzmHs-HZcLcvGbiC0-eHrhSmk2Njn5x_
Grazas pola vosa colaboración!!
COMEMEDOS...no SAMAÍN!
Dende o Equipo de Dinamización da Lingua Galega tiveron a gran idea de crear un gran Comemedos no que todo o alumnado do centro puido colocar o seu medo para facelo desaparecer... Foi todo un éxito!!!
DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2019. ANTÓN FRAGUAS.
De novo, todo o alumnado do centro colaborou na realización dun traballo conxunto. Nesta ocasión, para conmemorar o día das Letras Galegas 2019.
Escolleuse un poema do autor homenaxeado e, entre todos os niveis educativos, elaboraron as letras que compoñen o seu nome aproveitando a letra do seu poema.
Mirade o ben que quedou o noso recuncho de ANTON FRAGUAS!!
O CASAMENTO DA PULGA.
OS MAIOS 2019
Dende o Equipo de Dinamización da Lingua Galega fixéronnos, a todas as clases do centro, a proposta de elaborar unha alfombra floral de xeito conxunto.
Cada nivel encargouse de elaborar, con diferentes técnicas, réplicas de flores para cubrir cada unha das letras da alfombra.
Encantounos a todos e a todas e o resultado foi espectacular!!
MAIOS 2019...
DÍA DA ÁRBORE
O CEIP ADR Castelao de Ordes acolle estes días unha exposición sobre árbores autóctonas do concello de Ordes proposta polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega para conmemorar o "Día da árbore" (21 de marzo). O traballo exposto foi dirixido e realizado polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega do IES Nº1 de Ordes e polo alumnadodo instituto. Destacamos a riqueza dos contidos así como a rigurosidade no tratamento da información. Agradecemos o empréstito do material.
É toda unha satisfacción comprobar a riqueza da nosa flora ao igual que a da nosa lingua para describila.
MOITAS GRAZAS POR CONTAR CON NÓS!!
DÍA DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE 3-12-18
AO LONGO DO MES DE DECEMBRO, ESTIVEMOS TRABALLANDO CO ALUMNADO EN TORNO AO TEMA DA DISCAPACIDADE DAS PERSOAS, APROVEITANDO A CONMEMORACIÓN DO 3 DE DECEMBRO.
VARIAS AULAS QUIXERON COLABORAR COA CREACIÓN DUN CÓMIC CONMEMORATIVO... (ACTIVIDADE IMPULSADA POLO E.D.L.G.)
MIRADE QUE BEN QUEDARON AS EXPOSICIÓNS!
LETRAS GALEGAS 2018
Dende o Equipo de Dinamización da Lingua Galega do noso centro propúxose ao claustro a conmemoración das Letras Galegas cunha serie de actividades previstas para os días 14, 15 e 16 de maio. A aceptación foi unánime e todas e cada unha das actividades foi un éxito.
Toda esta labor, supuxo un gran esforzo para as titorías participantes pero tanto traballo tivo a súa recompensa. O alumnado desfrutou como poucas veces e as actividades foron un éxito!
O alumnado de Educación Infantil fixo un colage cunha caricatura do rostro de María Victoria Moreno.
O alumnado de 1º e 2º de Educación Primaria preparou os datos máis significativos da biografía da autora homenaxeada.
O alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria foi o encargado de mostrar a súa obra.
E este foi o resultado final:
Así mesmo, un grupo de mestres/as do centro, xunto co alumnado de 1º C de Educación Primaria, preparou unha adaptación da obra "A FESTA NO FAIADO" da autora homenaxeada e representouna para os/as compañeiros/as durante a hora de ler. Foi un éxito entre o público!!
E todo elo, dispoñendo da obra de María Victoria Moreno nun expositor da Biblioteca de Botalerias, creado para este fin polo Equipo de Biblioteca; e do que poder botar man en calquera momento.
MARÍA VICTORIA MORENO
NAMORAD@S DA NOSA LINGUA!
ROSALÍA VERSO A VERSO
Unha parte do alumnado do noso centro quixo participar no certame "Rosalía verso a verso", que cada ano organiza o Servizo de Normalización Lingüística da Mancomunidade de Ordes.
Concretamente participou todo o ciclo de Educación Infantil, 1ºA e 1ºC de Educación Primaria e 3ºB de Educación Primaria.
Premendo nos seguintes enlaces podedes ver o seu traballo.
Enlace ao facebook para ver as montaxes de todas as clases participantes.
Enlace directo á montaxe de Educación Infantil.
Enlace directo á montaxe de 1ºA de E.P.
Enlace directo á montaxe de 1ºC de E.P.
Enlace directo á montaxe de 3ºB de E.P.
Noraboa de antemán, tanto ao alumando partipante como ás súas titoras, polo gran traballo que levaron a cabo. Agardamos que tanto traballo teña a súa recompensa!