Libros de texto

LISTAXE LIBROS DE TEXTO CURSO 2024-2025

PREME NA IMAXE PARA VER A LISTAXE DE LIBROS DE TEXTO PARA O CURSO 2024/2025

PUBLICACIÓN DA LISTA DEFINITIVA DO FONDO DE LIBROS

O martes 9 de xullo sairán as listas definitivas do fondo de libros.

Os vales entregaranse do 10 ó 12 de xullo do 2024 e/ou en setembro.

O Equipo Directivo.

PUBLICACIÓN DA LISTA PROVISIONAL DE FONDO DE LIBROS

O mércores 3 de xullo farase a publicación provisional do fondo de libros. Poderedes consultala na secretaría do centro ou chamando ao 881 880 881. 

Haberá 2 días para reclamar, o 4 e 5 de xullo.

O Equipo Directivo.

 

FONDO DE LIBROS

FONDO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 2024/25

PRAZO DE SOLICITUDE: do 21/5/2024 a 21/6/2024, incluídos.

Os alumnos/as que pasa a 1º da ESO deberán presentar a solicitude no centro que foron admitidos/as.

Para máis información pincha aquí.

PUBLICACIÓN DA LISTA PROVISIONAL DE FONDO DE LIBROS

Hoxe saiu a publicación provisional do fondo de libros. Podes consultala na secretaría do centro ou chamando ao 881 880 881.

Os vales entregaranse do 11 ao 14 de xullo de 2023 e/ou en setembro.

O Equipo Directivo.

LISTAXE LIBROS DE TEXTO CURSO 2023/24

LISTAXE DE LIBROS CURSO 2023/24

Personaje De Dibujos Animados Del Libro De Texto Ilustración del Vector ...

 

PREME NA IMAXE PARA DESCARGAR OS ARQUIVOS

 

Está corrixido o ISBN do Activity book de inglés 1º de E.P., que tiña un erro. Desculpen as molestias.

 

  

DEVOLUCIÓN E DOACIÓN DE LIBROS DE TEXTOS DO CURSO 2022/23

O prazo para devolver os libros  prestados do Fondo de libros 2022/23 remata o 21 de xuño. Cada titor informa ao seu grupo sobre o procedemento.

Recordamos que a devolución de todos os libros prestados neste curso é condición indispensable para acceder á axuda de Fondo de libros do curso 2023/24.

As familias que mercaron os libros de 3º e 5º no curso 2022/23 e non os necesiten en vindeiros anos, poden doalos para o banco de libros do centro.

 

O Equipo directivo.

CONVOCATORIA DO FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBRO LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 2023/24 (PARA EDUCACIÓN PRIMARIA)

Publicada no dog do 19 de maio de 2023. (Dog nº 94)

Orde do 10 de maio de 2023 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2023/24 (códigos de procedemento ED330B, ED330G e ED330H).

O prazo para presentar a documentación remata o 21 de xuño de 2023 (este incluído).

Os alumnos/as que pasan a 1º da ESO deberán presentar a solicitude no centro que foron admintidos.

Documentación necesaria (Artigo 11 da orde do 10 de MAIO).

Podedes descargar aquí o Anexo I e II.

Lembramos que se pode presentar telemáticamente na Sede Electrónica ou presencialmente no centro de 09:15 a 11:15 e de 12:30 a 13:45. (Non será necesario pedir cita previa).

PRAZOS:

5 de xullo de 2023.  Publicación de listaxes provisionais de fondo de libros.

6-7 de xullo de 2023. Reclamación ás listaxes provisionais.

10 de xullo de 2023. Publicación de listaxes definitivas.

11-14 de xullo de 2023. Entrega de vales na secretaría do centro. (As persoas que non o recollan nestas datas, poden recollelo en setembro).

O alumnado beneficiario do fondo de libros recibirá os libros en setembro, durante  os primeiros días de clase.

Para calquera dúbida, podedes chamar ao teléfono do centro de 9:15 a 14:00 horas.   881880881

 

Atentamente, Equipo Directivo.