Publicada no dog do 19 de maio de 2023. (Dog nº 94)
O prazo para presentar a documentación remata o 21 de xuño de 2023 (este incluído).
Os alumnos/as que pasan a 1º da ESO deberán presentar a solicitude no centro que foron admintidos.
Documentación necesaria (Artigo 11 da orde do 10 de MAIO).
Podedes descargar aquí o Anexo I e II.
Lembramos que se pode presentar telemáticamente na Sede Electrónica ou presencialmente no centro de 09:15 a 11:15 e de 12:30 a 13:45. (Non será necesario pedir cita previa).
PRAZOS:
5 de xullo de 2023. Publicación de listaxes provisionais de fondo de libros.
6-7 de xullo de 2023. Reclamación ás listaxes provisionais.
10 de xullo de 2023. Publicación de listaxes definitivas.
11-14 de xullo de 2023. Entrega de vales na secretaría do centro. (As persoas que non o recollan nestas datas, poden recollelo en setembro).
O alumnado beneficiario do fondo de libros recibirá os libros en setembro, durante os primeiros días de clase.
Para calquera dúbida, podedes chamar ao teléfono do centro de 9:15 a 14:00 horas. 881880881
Atentamente, Equipo Directivo.