díadaárbore

DÍA DA ÁRBORE

O CEIP ADR Castelao de Ordes acolle estes días unha exposición sobre árbores autóctonas do concello de Ordes proposta polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega para conmemorar o "Día da árbore" (21 de marzo). O traballo exposto foi dirixido e realizado polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega do IES Nº1 de Ordes e polo alumnadodo instituto. Destacamos a riqueza dos contidos así como a rigurosidade no tratamento da información. Agradecemos o empréstito do material.

É toda unha satisfacción comprobar a riqueza da nosa flora ao igual que a da nosa lingua para describila.

 MOITAS GRAZAS POR CONTAR CON NÓS!!