Actividades

CONMEMORACIÓN DO SAMAÍN

DENDE O  XOVES 24 DE OUTUBRO ATA O MÉRCORES 30 DE OUTUBRO CONMEMORAREMOS O SAMAÍN NO NOSO COLEXIO. PREME NA IMAXE PARA ACCEDER A TODA A INFORMACIÓN.

 

FELICITACIÓNS DE NADAL

PREME NA IMAXE PARA VER AS FELICITACIÓNS DE NADAL GAÑADORAS DESTE ANO.

DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

                             

 25 DE NOVEMBRO

DÍA  INTERNACIONAL  CONTRA  A  VIOLENCIA  DE  XÉNERO

 

O 25 de novembro, como  todos  os  anos  dende 1981, celébrase o  Día Internacional  contra  a Violencia  de Xénero, unha  xornada  para  reflexionar  sobre  a  importancia  de  educar  na  igualdade  de xéneros.

Por iso, Botalerias quere  recordarvos  que  a  coeducción  non  debe  quedar  relegada  a  esta  semana xa  que  se  debe  traballar  ao  longo  de  todo  o  ano.

Por iso,déixavos  unha  serie de recomendacións adicados  a  este  tema.

 

 

NOVEMBRO:MES DA CIENCIA EN GALEGO NAS BIBLIOTECAS

Como  todos os  cursos, en novembro celebramos o mes da ciencia en galego nas bibliotecas. 

Tratando  de chegar a Ciencia ao noso  alumnado, decidimos facer unha exposición de libros relacionadas con  ese mundo, porque pensamos que  unha sociedade ben informada é dificil  de manipular.

Recomendarvos que aproveites esta ocasión para botarlles  unha  ollada e lévalos en préstamo.

 

                                    

 

Moitas  grazas  ao  alumnado  de  5º B  de Infantil  polo cartel  da  exposición.

LETRAS GALEGAS 2020. VÍDEO ALUMNADO 1º DE EDUCACIÓN PRIMARIA.

Mirade o gran traballo que están facendo os nenos e as nenas de 1º de Educación Primaria (e as súas familias) dende as súas casas.

ASÍ CONMEMORARON O DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2020 (premede no enlace)

https://drive.google.com/open?id=1mzmHs-HZcLcvGbiC0-eHrhSmk2Njn5x_

Grazas pola vosa colaboración!!

 

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2019. ANTÓN FRAGUAS.

De novo, todo o alumnado do centro colaborou na realización dun traballo conxunto. Nesta ocasión, para conmemorar o día das Letras Galegas 2019.

Escolleuse un poema do autor homenaxeado e, entre todos os niveis educativos, elaboraron as letras que compoñen o seu nome aproveitando a letra do seu poema.

Mirade o ben que quedou o noso recuncho de ANTON  FRAGUAS!!

 

O CASAMENTO DA PULGA.

 

DÍA DA ÁRBORE

O CEIP ADR Castelao de Ordes acolle estes días unha exposición sobre árbores autóctonas do concello de Ordes proposta polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega para conmemorar o "Día da árbore" (21 de marzo). O traballo exposto foi dirixido e realizado polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega do IES Nº1 de Ordes e polo alumnadodo instituto. Destacamos a riqueza dos contidos así como a rigurosidade no tratamento da información. Agradecemos o empréstito do material.

É toda unha satisfacción comprobar a riqueza da nosa flora ao igual que a da nosa lingua para describila.

 MOITAS GRAZAS POR CONTAR CON NÓS!!