Actividades

DÍA DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE 3-12-18

AO LONGO DO MES DE DECEMBRO, ESTIVEMOS TRABALLANDO CO ALUMNADO EN TORNO AO TEMA DA DISCAPACIDADE DAS PERSOAS, APROVEITANDO A CONMEMORACIÓN DO 3 DE DECEMBRO.

VARIAS AULAS QUIXERON COLABORAR COA CREACIÓN DUN CÓMIC CONMEMORATIVO... (ACTIVIDADE IMPULSADA POLO E.D.L.G.)

MIRADE QUE BEN QUEDARON AS EXPOSICIÓNS!

 

 


LETRAS GALEGAS 2018

Dende o Equipo de Dinamización da Lingua Galega do noso centro propúxose ao claustro a conmemoración das Letras Galegas cunha serie de actividades previstas para os días 14, 15 e 16 de maio. A aceptación foi unánime e todas e cada unha das actividades foi un éxito.

Toda esta labor, supuxo un gran esforzo para as titorías participantes pero tanto traballo tivo a súa recompensa. O alumnado desfrutou como poucas veces e as actividades foron un éxito!

O alumnado de Educación Infantil fixo un colage cunha caricatura do rostro de María Victoria Moreno.

O alumnado de 1º e 2º de Educación Primaria preparou os datos máis significativos da biografía da autora homenaxeada.

O alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria foi o encargado de mostrar a súa obra.

E este foi o resultado final:

 

Así mesmo, un grupo de mestres/as do centro, xunto co alumnado de 1º C de Educación Primaria, preparou unha adaptación da obra "A FESTA NO FAIADO" da autora homenaxeada e representouna para os/as compañeiros/as durante a hora de ler. Foi un éxito entre o público!!

 

 

E todo elo, dispoñendo da obra de María Victoria Moreno nun expositor da Biblioteca de Botalerias, creado para este fin polo Equipo de Biblioteca; e do que poder botar man en calquera momento.

MARÍA VICTORIA MORENO

 NAMORAD@S DA NOSA LINGUA!

 

 

ROSALÍA VERSO A VERSO

Unha parte do alumnado do noso centro quixo participar no certame "Rosalía verso a verso", que cada ano organiza o Servizo de Normalización Lingüística da Mancomunidade de Ordes.

Resultado de imagen de rosalía de castro

Concretamente participou todo o ciclo de Educación Infantil, 1ºA e 1ºC de Educación Primaria e 3ºB de Educación Primaria.

Premendo nos seguintes enlaces podedes ver o seu traballo.

Enlace ao facebook para ver as montaxes de todas as clases participantes.

Enlace directo á montaxe de Educación Infantil.

Enlace directo á montaxe de 1ºA de E.P.

Enlace directo á montaxe de 1ºC de E.P.

Enlace directo á montaxe de 3ºB de E.P.

Noraboa de antemán, tanto ao alumando partipante como ás súas titoras, polo gran traballo que levaron a cabo. Agardamos que tanto traballo teña a súa recompensa!

 

OS MAIOS

 

Os nenos e nenas do CEIP ADR Casteao celebran os maios.

Preme na imaxe para ver a montaxe que fixemos.

MOITAS GRAZAS A TODAS AS FAMILIAS  POLA SÚA COLABORACIÓN.

 

 

DÍA ESLOLAR DA NON VIOLENCIA E DA PAZ

Con motivo da celebración do Día escolar da non violencia e da Paz, no CEIP ADR Castelao de Ordes, fixemos un Lipdub no que participamos todos os alumnos e alumnas do centro. 

A PAZ MUNDIAL COMEZA CUN SORRISO...

COMEZAMOS?

Imagen relacionada

Premede na imaxe para velo!