LETRAS GALEGAS 2018

Dende o Equipo de Dinamización da Lingua Galega do noso centro propúxose ao claustro a conmemoración das Letras Galegas cunha serie de actividades previstas para os días 14, 15 e 16 de maio. A aceptación foi unánime e todas e cada unha das actividades foi un éxito.

Toda esta labor, supuxo un gran esforzo para as titorías participantes pero tanto traballo tivo a súa recompensa. O alumnado desfrutou como poucas veces e as actividades foron un éxito!

O alumnado de Educación Infantil fixo un colage cunha caricatura do rostro de María Victoria Moreno.

O alumnado de 1º e 2º de Educación Primaria preparou os datos máis significativos da biografía da autora homenaxeada.

O alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria foi o encargado de mostrar a súa obra.

E este foi o resultado final:

 

Así mesmo, un grupo de mestres/as do centro, xunto co alumnado de 1º C de Educación Primaria, preparou unha adaptación da obra "A FESTA NO FAIADO" da autora homenaxeada e representouna para os/as compañeiros/as durante a hora de ler. Foi un éxito entre o público!!

 

 

E todo elo, dispoñendo da obra de María Victoria Moreno nun expositor da Biblioteca de Botalerias, creado para este fin polo Equipo de Biblioteca; e do que poder botar man en calquera momento.

MARÍA VICTORIA MORENO

 NAMORAD@S DA NOSA LINGUA!