novembro2021

DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

                             

 25 DE NOVEMBRO

DÍA  INTERNACIONAL  CONTRA  A  VIOLENCIA  DE  XÉNERO

 

O 25 de novembro, como  todos  os  anos  dende 1981, celébrase o  Día Internacional  contra  a Violencia  de Xénero, unha  xornada  para  reflexionar  sobre  a  importancia  de  educar  na  igualdade  de xéneros.

Por iso, Botalerias quere  recordarvos  que  a  coeducción  non  debe  quedar  relegada  a  esta  semana xa  que  se  debe  traballar  ao  longo  de  todo  o  ano.

Por iso,déixavos  unha  serie de recomendacións adicados  a  este  tema.

 

 

DÍA UNIVERSAL DOS DEREITOS DA INFANCIA

 

20 DE  NOVEMBRO, DÍA INTERNACIONAL

DOS DEREITOS  DO NENO

 

O 20  de novembro de 1959, a Asamblea Xeral da ONU aprobou  a  Declaración dos dereitos  dos  nenos  e  nenas.

Os dereitos  do Neno veñen enumerados na  seguinte  Declaración:

 

  • Dereito  a  igualade

 

  • Dereito  a  Protección.

 

  • Dereito  á  Identidade e á  Nacionalidade.

 

  • Dereito  a ter unha  casa, alimentos e  atención.

 

  • Dereito  á  educación.

 

  • Dereito  ao  amor  dos  pais  e  a  sociedade.

 

  • Dereito  á  educación gratuíta  e  a  xogar.

 

  • Dereito  a  ser  o  primeiro  en  recibir  axuda.

 

  • Dereito  a  ser  protexido  contra  o  abandono  e  a  explotacion.

 

  • Dereito a  crecer  en  solidariedade, comprensión e xustiza  entre  os  pobos.

 

O  obxectivo  do Día  Universal  do Neno é recordar á cidadanía  que  os  nenos son  o  colectivo  máis  vulnerable  e  que  por  tanto  máis  sofre  as  crises  e  os  problemas.

 

 

NOVEMBRO:MES DA CIENCIA EN GALEGO NAS BIBLIOTECAS

Como  todos os  cursos, en novembro celebramos o mes da ciencia en galego nas bibliotecas. 

Tratando  de chegar a Ciencia ao noso  alumnado, decidimos facer unha exposición de libros relacionadas con  ese mundo, porque pensamos que  unha sociedade ben informada é dificil  de manipular.

Recomendarvos que aproveites esta ocasión para botarlles  unha  ollada e lévalos en préstamo.

 

                                    

 

Moitas  grazas  ao  alumnado  de  5º B  de Infantil  polo cartel  da  exposición.