20 DE NOVEMBRO, DÍA INTERNACIONAL
DOS DEREITOS DO NENO
O 20 de novembro de 1959, a Asamblea Xeral da ONU aprobou a Declaración dos dereitos dos nenos e nenas.
Os dereitos do Neno veñen enumerados na seguinte Declaración:
- Dereito a igualade
- Dereito a Protección.
- Dereito á Identidade e á Nacionalidade.
- Dereito a ter unha casa, alimentos e atención.
- Dereito á educación.
- Dereito ao amor dos pais e a sociedade.
- Dereito á educación gratuíta e a xogar.
- Dereito a ser o primeiro en recibir axuda.
- Dereito a ser protexido contra o abandono e a explotacion.
- Dereito a crecer en solidariedade, comprensión e xustiza entre os pobos.
O obxectivo do Día Universal do Neno é recordar á cidadanía que os nenos son o colectivo máis vulnerable e que por tanto máis sofre as crises e os problemas.