bibliotecabotalerias

OS CONTOS DE 4ºA

Os nenos de 4ºA crearon contos durante o  segundo trimestre. 

Premede nos  seguintes  títulos  para poder  escoitalos.

 

CASTELAO SALVA AO ENTROIDO

 

O MISTERIO DO  COLEXIO

 

O ENTROIDO NO CASTELAO

 

LÍA E O XOGO MÁXICO

 

O ESPAZO  TEMPO

 

QUE  MARABILLOSOS  ESCRITORES  TEMOS NO 

NOSO COLEXIO!!

 

 

 

5º XORNADA DO CLUB DE CIENCIA

Hoxe, @s nos@s científic@s do Club de Ciencias estiveron realizando distintos experimentos no "Laboratorio de Castelao"

A COMPOSTAXE

O pasado xoves, 8 de febreiro, o  alumnado  de 1º de Primaria  tiveron un  obradoiro de  reciclaxe.

Nel  ademais  de lembrar  en que  colector vai cada residuo  tamén  aprenderon  o procedemento para facer  a compostaxe.  Agora xa saben  que  tipos  de  residuos  poden  botar  no  composteiro e  que  poden  usar  como  estructurante (herba do  xardín) e sen  esquecerse de mesturar os  distintos  tipos  de residuos para que se produzca a fermentación.

                

                

                

 

 

A COMUNIDADE VAGALUME

O alumnado de Infantil e 1⁰ ciclo de Primaria desfrutaron dun marabilloso contacontos titulado: "A COMUNIDADE VAGALUME".

Este conto ten como protagonistas a animais humanizados  cuxos  comportamentos son idénticos ós das persoas.

O obxectivo deste contacontos era sensibilizar ao alumnado sobre a discriminación que sufren as mulleres na nosa sociedade e fomentar a comunicación como algo esencial para a resolución de conflictos.

Moitas gracias  "A Asociación Visibles" por este contacontos.   

                                    ENCATOUNOS

 

CLUB DE CIENCIA

DA  AUGA Ó  AIRE

O pasado 31 de xaneiro  levouse a cabo a 4ª sesión do Club de

Ciencia.

Nesta ocasión realizáronse tres experimentos:

 

                - Carreira de transvasamentos.

            

 

 

              - Barco a toda vela.

 

 

 

                  - Chocolatinas na feira.

 

 

ADEMAIS DE APRENDER...PASÁMOLO MOI BEN

 

PREMIO DA MODALIDADE INFANTIL DO IV CERTAME DE RELATO BREVE "A ERBEDA"

A nosa alumana de 6º de Educación Primaria, Sabela García Santos, gañou por terceiro ano consecutivo, o premio da modalidade infantil do IV certame de relato breve A Erbeda.

O conto, titulado "A  nosa terra", narra a viaxe de descuberta de Galicia a través dos ollos dunha cativa de cuarto de primaria. 

Parabéns Sabela.

Para poder acceder a toda a información premede na seguinte ligazón:

https://academia.gal/-/o-iv-certame-de-relato-breve-a-erbeda-premia-unha-nena-de-ordes-e-mais-unha-adolescente-e-un-veci-c3-b1o-da-coru-c3-b1a?redirect=%2Finicio

CONTAMOS UN CONTO

CONTAMOS UN CONTO

Dende  o   equipo de biblioteca   convidamos  ás  familias (nai, pai,

irmáns, avós,tíos...)  do alumnado do noso centro  a  participar  na 

actividade: " Contamos  un conto".

A  actividade  consiste  en   inventar  un conto  relacionado  co

PDI do centro: Castelao: " A escola é boa"

O  conto  ou  o  cómic  ten que  estar  escrito  en  lingua galega.

Máximo dúas follas.

Para  calquera  dúbida  poden  chamar  ao  centro  ou  escribir  un  email  a  seguinte dirección:

                     biblioteca.ceip.castelao.ordes@edu.xunta.gal

 

CLUB DE CIENCIA

CIENCIA  NA  COCIÑA

O pasado 13  de  decembro levouse a  cabo a segunda sesión do Club  de Ciencia. Realizaronse dous experimentos: torre de densidade fluído non newtoriano.

Para  a realización  de  estes  dous  experimentos  usáronse ingredientes que  se  poden  atopar  en  calquera cociña.