FAMILIAS

CONTAMOS UN CONTO

CONTAMOS UN CONTO

Dende  o   equipo de biblioteca   convidamos  ás  familias (nai, pai,

irmáns, avós,tíos...)  do alumnado do noso centro  a  participar  na 

actividade: " Contamos  un conto".

A  actividade  consiste  en   inventar  un conto  relacionado  co

PDI do centro: Castelao: " A escola é boa"

O  conto  ou  o  cómic  ten que  estar  escrito  en  lingua galega.

Máximo dúas follas.

Para  calquera  dúbida  poden  chamar  ao  centro  ou  escribir  un  email  a  seguinte dirección:

                     biblioteca.ceip.castelao.ordes@edu.xunta.gal

 

SAÍDA FIN DE TRIMESTRE

SAÍDA  FIN  DE  TRIMESTRE

O  pasado  19  de  decembro,  o  alumnado  de 1º de

Primaria visitaron  o Concello  e  tamén  a  Oficina  de

Correos.

Premede  aquí  para  ver  un  vídeo  resumen desta 

xornada  marabillosa.

 

RECOMENDACIÓNS NADAL

RECOMENDACIÓNS LECTORAS  PARA  O  NADAL

 

Aquí vos deixamos as recomendacións de lecturas

para este Nadal cos mellores desexos de Paz e

Felicidade.

Premede na imaxe para poder  velas.

 

CONTA ATRÁS NO CASTELAO

A  CONTA  ATRÁS  NO  CASTELAO

 

Vanesa, a nai de Manuel alumno  de 

4ºA de Educación Infantil,envíanos a

portada  do  xornal  que  facian tódolos 

anos no  colexio ademais  dunha

anécdota que  pasara  e 

que esta  redactada nese  xornal.

 

Tamén  nos  envía  unha  foto  do  seu  grupo.

MOITAS  GRAZAS  VANESA 

POR COMPARTIR CON NÓS

  ESTOS  MARABILLOSOS 

RECORDOS

A CONTA ATRÁS NO CASTELAO

A  CONTA  ATRÁS  NO  CASTELAO

Seguimos ca conta atrás para  as cacaciós e hoxe

lembranos  unha serie  mítica dos  anos 80. Todos  e

todas queriamos ser Sandokan. Todos corriamos a  coller

o  libro na biblioteca, incluso os rapaces e rapazas que non

querían ler.

 

Que tempos!!

                   

           

 

 

A CONTA ATRÁS NO CASTELAO

A CONTA  ATRÁS  NO  CASTELAO

Fixádevos que marabilla nos chega no

terceiro día da conta atrás.

Un luxo ter un sempre  a  man  para  seguir lendo e rindo.

Sempre  con ganas  de  máis  aventuras!!

Era  moi común  intercambialos con compañeir@s, collelos 

na  biblioteca, pedirllos aos Reis Magos...

Creo que  aínda nos gustan agora, non si?

 

 

A CONTA ATRÁS NO CASTELAO

A CONTA  ATRÁS  NO  CASTELAO

No  segundo día  na  conta  atrás  no Castelao enviáronnos 3

fotos antigas  do  colexio.

Alguén  lembra  a  que  ano poden pertencer estas fotos?

A CONTA ATRÁS NO CASTELAO

A  CONTA  ATRÁS  NO  CASTELAO

Comezamos a  conta  atrás  no  Castelao cun  conto

moi  especial: Os ratos esfameados. 

Este conto  foi  creado polo  alumnado de  4  escolas 

unitarias  do concello  de  Ordes: Merelle, Buscás, Beán 

e  Montaos durante  o  curso 2011 - 2012. Os  seus  autores 

eran  alumn@s  destas escolas de Infantil  e  1º Ciclo de

Primaria e  despois  foron  alumn@s  deste  colexio  a  gran 

maioría.

Se  premedes  aquí  podedes  desfrutar  desta  historia 

marabillosa. 

Unha  copia impresa  deste  conto pódese  atopar  na 

biblioteca  do centro  ou  tamén  na  biblioteca  municipal 

do  concello.

Begoña (directora  do  centro) e  María  mestras  neste

centro  en  aquel  momento  eran  mestras  en  dúas 

desas escolas.