FAMILIAS

A CONTA ATRÁS NO CASTELAO

A  CONTA  ATRÁS  NO  CASTELAO

Este  ano  estamos de celebración no noso colexio.

Celebramos o seu 50 aniversario!

Para conmemorar esta significativa data convidámosvos a

participar NA CONTA ATRÁS para as vacacións.

 

Como podedes participar?


Pois contándonos cousiñas que vos pasaban cando erades

pequenos/as  e iades  á  escola, como por exemplo:

- Cancións de xogos que faciades.

- Anécdotas que pasaron.

- Contos.

- Trabalinguas.

- Actividades que vos gustaban.

- Costumes propias do voso  centro ( no Nadal, Entroido, fin

de curso...)

- Tamén podedes enviar fotografías.

 

Todo isto pode ser tanto relacionado co colexio Castelao

coma con calquera outro centro escolar.

Para enviar  esta información pode ser  en 

formato vídeo, imaxe ou en documento escrito ao seguinte

correo:

biblioteca.ceip.castelao.ordes@edu.xunta.gal

Para  calquera  dúbida  podedes enviar  a  vosa  pregunta 

ao correo  mencionado  anteriormente  ou chamando  ao

teléfono:881 88 08 81

 

ANIMÁDEVOS!!!

 

 

VOLVEDE Á  INFANCIA!!!

 

 

 

MOCHILA VIAXEIRA

MOCHILAS VIAXEIRAS

PREPARADAS!!

Un curso máis  o alumnado do cole  está  a  participar na 

actividade das mochilas viaxeiras

Esta mochila  é unha invitación a  desfrutar  dos libros, revistas... en

compañía, compartindo coa familia os sentimentos e  as 

sensacións que producen  as  lecturas propostas. E  como novidade

este  ano en cada  mochila  vai  un xogo  de mesa.

Cada  neno/a terá  durante  7 días  a  mochila  na súa casa. 

Se queredes ver o contido de cada mochila pinchade na  seguinte

imaxe.

 

BOAS LECTURAS, FAMILIAS!!

 

 

 

 

SAMAÍN

SAMAÍN

Achégate  á  biblioteca  e  poderás coñecer as  recomendacións

lectoras  que  Botalerias  preparou  para  estas datas. 

 

Ademais  das  propostas  que  xa  había  na  biblioteca  tamén 

chegaron NOVIDADES terroríficas  que  dan  moito  medo  pero 

que  tamén  gustan  moito. Son as  seguintes:

 

                    

       

                       

        

                                  

                

                                           

 

   NON AGARDES MÁIS  VENTE  BOTARLLE UN  OLLO!!!!

 

 

LECTURA E FAMILIAS: PAULA CARBALLEIRA

QUE CONTO CONTAMOS? 

Hoxe tivemos unha visita  moi  especial  na  biblioteca. Visitounos 

Paula  Carballeira, e  puidemos desfrutar de historias de aquí,

que nos encantaron tanto a pequen@s como a grandes. Contos

para coller coas mans, meter na cabeza e levar no corazón. Contos

para poder rir, aplaudir, cantar, chorar, ouvear, volver a rir...contos

para pasalo xenial.

Esta actividade  está  dentro  do  programa Lectura  e  familias

da asesoría   de  biliotecas escolares  de  Galicia.

 

 

 

 

MOITÍSIMAS GRAZAS, PAULA!!!

AS FAMILIAS DE PRIMARIA TAMÉN XOGAN!!

AS  FAMILIAS  DE  PRIMARIA

TAMÉN XOGAN

O pasado 31 de maio, na biblioteca  do  centro, tivo lugar  un novo

obradoiro para  as  familias. Nesta  ocasión tocoulle  ás  familias 

do  noso alumnado de Primaria.

A temática deste obradoiro era  a  importancia do xogo nas  nosas

crianzas  de 6 a 12 anos.

O obradoiro foi impartido por Chafaris e  as  familias que 

asistiron desfrutaron dunha marabillosa tarde  de xogos en 

compaña  dos  seus fillos ademais de aprender que  os xogos 

permítennos áfianzar os coñecementos aprendidos, respectar as

quendas,tolerar a fustración, fortalecer as funcións cognitivas do

cerebro...entre moitísimas cousas máis.

 

MOITÍSIMAS GRAZAS ÁS  FAMILIAS 

POLA  SÚA  PARTICIPACIÓN!!!!

 

 

ONDINA E O ARRECIFE DA MORTE PÚRPURA

ONDINA E O ARRECIFE DA

MORTE PÚRPURA

Irene Darriba Rodríguez alumna de 5ºC  de Primaria 

obtivo o 2º Premio co conto "Ondina e o arrecife da

morte púrpura" no concurso literario da

Agrupación O Facho 2023.

Premede AQUÍ para poder  ler o artículo  da resolución

do concurso.

 

MOITOS PARABÉNS IRENE!!

 

TARDE DE XOGO NA BIBLIOTECA!!!

TARDE  DE XOGO NA BILIOTECA!!

Durante este  curso  escolar  o  centro  está

desenvolvendo o  programa   "Familias  e lectura"  e 

hoxe, na  nosa  biblioteca,tivemos o  primeiro

obradoiro para  as  familias do  noso  alumando  de 

Educación Infantil. A  temática  deste  obradoiro  era 

importancia do  xogo  nas  nosas  crianzas. O 

obradoiro foi impartido por Chafaris e as  familias 

que  asistiron desfrutaron  dunha  marabillosa  tarde 

de  xogos na compaña  dos  seus fillos ademais de

aprender  que  os xogos permítennos áfianzar os

coñecementos aprendidos, traballar as  habilidades

cognitivas,fortalecer as funcións cognitivas do

cerebro, respectar e valorar ao adversario...entre 

moitas  outras cousas.

 

 

 

 

 

MOITÍSIMAS GRAZAS  AS  FAMILIAS

POLA  VOSA PARTICIPACIÓN!!!

 

 

ALIMÉNTATE BEN!

ALIMÉNTATE BEN!

 

Os alumnos de 1ºde Primaria na materia de

ciencias naturais e relacionado co proxecto

aliméntate ben, estiveron traballando como

coidar o noso corpo, e foi así como descubriron

que para ter unha saúde de ferro temos que

alimentarnos ben.

Foi entón cando decidiron sacar aos artistas que

teñen dentro e, coa axuda das familias, sacarse

unha foto e pensar nun slogan con letras de

periódico, e en plástica, crearon un marco para  a 

súa foto relacionado coa boa alimentación.

Ademais, aproveitaron para participar na horta

do cole, feito que  lles serviu para aprender máis

sobre os seres vivos, a natureza e as plantas. 

Aquí tedes un vídeo no que podedes admirar o seu

super traballo e  todo o que aprenderon!

Premede na seguinte imaxe para poder velo.

 

ESPECTACULAR TRABALLO!!

 

O NOSO CADERNO DE RECEITAS

AS NOSAS RECEITAS

O alumnado  de  2º de Primaria durante o primeiro trimestre estiveron

investigando sobre o funcionamento do noso corpo. 

Tamén aprenderon hábitos para  o  seu correcto funcionamento e así poder

manternos sans.

Para  rematar  esta  investigación, o alumnado ca  axuda  das súas familias

crearon unha recopilación de receitas.

O obxectivo de todo este traballo ademais de aprender  é participar no  plan

Proxecta: ALIMÉNTATE BEN. Que está sendo levado a  cabo durante este

curso escolar.

Se queredes botarlle  un ollo  a  este  recetario podedes atopalo na  bilioteca 

do  centro coa reseña:  4G VAR nos (etiqueta branca)

Nel podedes atopar unha gran variedade de receitas nas que  as froitas e  as verduras 

son  as gran protagonistas.