A BIBLIOTECA DO CEIP CASTELAO DESÉXAVOS FELICES FESTAS!!!
E LEMBRÁMOSVOS QUE NESTAS FESTAS, O MELLOR AGASALLO PODE SER UN LIBRO!!!
A BIBLIOTECA DO CEIP CASTELAO DESÉXAVOS FELICES FESTAS!!!
E LEMBRÁMOSVOS QUE NESTAS FESTAS, O MELLOR AGASALLO PODE SER UN LIBRO!!!
ESTE CURSO, 2016-17 DENDE A BIBLIOTECA DO CENTRO IMOS CONTINUAR COA ACTIVIDADE DAS MOCHILAS VIAXEIRAS.
A ACEPTACIÓN DESTA VOLTA FOI TOTAL E TODAS AS AULAS DE EDUCACIÓN INFANTIL E PRIMARIA DISPORÁN DUNHA MOCHILA QUE VISITARÁ OS FOGARES DOS NENOS E NENAS AO LONGO DE TODO O CURSO!!!
DENDE O MES DE DECEMBRO VISITARÁ TODAS AS CASAS DOS ALUMNOS/AS DO CEIP CASTELAO E PERMITIRÁ GOZAR DA LECTURA EN FAMILIA DE MOI DIFERENTES MANEIRAS!!
AGARDAMOS QUE PLASMEDES NAS LIBRETAS VIAXEIRAS AS VOSAS IMPRESIÓNS E ASÍ TELAS EN CONTA DE CARA A VINDEIRAS EDICIÓNS DA ACTIVIDADE DAS "MOCHILAS VIAXEIRAS"!!!
ATA PRONTO MOCHILA!!!
Este pasado venres 25 de novembro quixemos facer unha serie de actos con todos os nenos e nenas do colexio para conciencialos sobre o tema da violencia de xénero. Dende aquí queremos enviar unha grande aperta a todas aquelas mulleres que a sufren, ou a sufriron nalgún momento, dun xeito ou outro.
Aquí vos deixamos unha pequena mostra...
NESTE ANO QUE ESTÁ A PIQUES DE REMATAR, CONMEMÓRASE O CENTENARIO DO NACEMENTO DUN DOS AUTORES DE LIBROS PARA RAPACES E RAPAZAS MÁIS COÑECIDO POR TODOS...
ROALD DAHL.
OBRAS COMO "MATILDA", "BRUXAS" OU "CHARLIE E A FÁBRICA DE CHOCOLATE" LEVAN TENDO ÉXITO XERACIÓN TRAS XERACIÓN DURANTE TODO ESTE TEMPO; POLO QUE NON QUEREMOS DEIXAR DE FACERLLE UNHA PEQUENA HOMENAXE DENDE O EXPOSITOR DA NOSA BIBLIOTECA, DA "CASA DE BOTALERIAS".
AGARDAMOS QUE OS NOSOS ALUMNOS E ALUMNAS DESFRUTEN COA SÚA LECTURA!!
NO MES DE NOVEMBRO, COMO NON PODÍA SER DOUTRO XEITO NA GALIZA; HOMENAXEAMOS A UN DOS FROITOS MÁIS RECOÑECIDOS NA NOSA TERRA:
A CASTAÑA.
PARA DARLLE O PROTAGONISMO QUE SE MERECE, PROPUXÉMOSLLES ÁS FAMILIAS QUE DECORASEN COMO MÁIS LLES GUSTASE UNHA CASTAÑA DEBUXADA NUNHA CARTOLINA E A ACOMPAÑASEN DUNS VERSOS RELACIONADOS CON ELA OU CO OUTONO. UNHA VEZ MÁIS A COLABORACIÓN DAS FAMILIAS FOI EXEMPLAR E A ACTIVIDADE RESULTOU VERDADEIRAMENTE EXITOSA!!
AQUÍ ABAIXO PODEDES VER ALGÚNS DOS EXEMPLOS DE TODO O QUE SE RECOMPILOU... GRAZAS A TOD@S!!
QUE PASEDES UN BO MAGOSTO!!!
Na Biblioteca do Castelao seguen a pasar moitas cousas…
Cando se achega o final do mes de outubro, o Samaín comeza a estar presente… Esta festividade que agora rememoramos, ten a súa orixe nas celebracións que o pobo celta vivía durante días para dar remate á tempada das colleitas e dar tamén comezo a un novo ano. Nesas celebracións, a través de druídas, contactaban cos ancestros e estes viñan a visitar aos vivos…e para guialos colocaban caveiras acendidas nos seus fogares; de aí que agora se conmemore decorando cabazas.
Dende a Biblioteca fixéronse propostas de lectura, decorouse o espazo e preparouse todo para desfrutar cun contacontos moi especial preparado por Rocío, unha mestra de Educación Infantil do centro.
Mirade algunhas imaxes destes días…
E agora podedes ver o ben que o pasaron os nenos e nenas de Educación Infantil e de 1º e 2º de Educación Primaria asistindo a un contacontos moi especial. A historia facía fincapé en como podemos facer fronte aos nosos medos...
Encantounos a todos/as, grandes e pequenos/as!!
Moitas grazas Rocío, a ti e ás túas compañeiras de aventuras!!
Pois xa rematou o Samaín no Castelao !
Este ano, dedicamos esta conmemoración aos medios de transporte máis empregados polas... BRUXAS!!!
E , dende todos os recunchos da vila de Ordes, chegaron vasoiras de todas as cores e todos os estilos, como podedes observar nas fotos que vos publicamos aquí abaixo.
Só nos queda agradecer a todos e todas os que fixestes que o colexio quedara así de "embruxado" : nais, pais, avós e demais membros da familia.
Pois iso, moitas grazas !!!
DENDE O EQUIPO DE BIBLIOTECA XA ESTAMOS A TRABALLAR A PLENO RENDEMENTO NESTE CURSO 2016-17...
E PARA INAUGURAR DALGÚN XEITO O FUNCIONAMENTO DA MESMA, DECIDIMOS PROPOÑERLLES AOS NENOS/AS E ÁS FAMILIAS UNHA ACTIVIDADE DE PROMOCIÓN DA LECTURA... PEDÍMOSLLES QUE NOS DESVELASEN CAL ERA O SEU LIBRO FAVORITO... TROUXÉRONOS AO CENTRO DEBUXADOS NUNHA PLANTILLA QUE LLES DEMOS E O RESULTADO FOI ESPECTACULAR!!
MIRADE ALGÚNS EXEMPLOS...
GRAZAS FAMILIAS POLA VOSA COLABORACIÓN!!!