SAÍDA DIDÁCTICA AO CONSERVATORIO HISTÓRICO (30-10-17)

O alumnado de 4ºA, 4ºB, 4ºC e 5ºC de Educación Primaria tivo o privilexio de visitar novamente este  curso o Conservatorio Histórico. Asistiron a unha actividade enmarcada no programa Unha viaxe a tempo... Alí cantaron e bailaron coma nunca...

 

Preme aquí para ver un vídeo do ben que o fixeron...

 

Ademais, tiveron tempo de desfrutar do contorno e pasar un tempo xogando e brincando como máis lles gusta...!!

 

 

E por se fose pouco... saíron na prensa!! Aquí podedes ver unha imaxe do xornal...

 

Encantados/as con esta saída!!

 

ÉXITO ROTUNDO DO EMPRÉSTITO DE LIBROS DURANTE OS RECREOS

O empréstito durante os recreos non puido ir mellor!!

 

Desta volta encargámonos os mestres e as mestras de dar este servizo, pero pouco a pouco rapaces e rapazas voluntarios/as recibirán a formación necesaria e eles/as mesmos/as xestionarán esta actividade.

Non vos esquezades de que as portas da nosa Biblioteca estarán abertas durante o recreo!!

AGARDÁMOSVOS!!

 

OS DE 3º VAN Á ÓPERA

 

O alumnado de 3º de Educación Primaria visitou o Auditorio de Galicia para asistir a unha adaptación da ópera Guillermo Tell.

A música de Gioacchino Rossini vibrou no escenario da man da compañía Comediants La Baldufa. Tres instrumentistas e uns excelentes artistas do teatro e a música relataron a lenda de Guillermo Tell coa axuda de obxectos, monicreques e proxeccións audiovisuais.

O humor, a farsa e unha moi coidada estética na escena fixeron posible un divertido achegamento dos rapaces e rapazas ao mundo da ópera.

 

ATA A PRÓXIMA!!!

 Podedes visitar o blog de Música da mestra Adela e así coñecer un pouco máis desta ópera...

 

 

24 de OUTUBRO. DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES.

 

O VINDEIRO DÍA 24 DE OUTUBRO, CONMEMÓRASE EN TODOS OS CENTROS EDUCATIVOS O DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES.

 

NO NOSO CENTRO DECIDIMOS CELEBRALO REANUDANDO O PRÉSTAMO DE LIBROS PARA A CASA, DESPOIS DO GRAN ESFORZO QUE SUPUXO O TRASLADO DA UBICACIÓN DA BIBLIOTECA O CURSO PASADO.

 

 

DURANTE TODA ESTA SEMANA (POR QUENDAS) PASARÁ POLA BIBLIOTECA TODO ALUMNADO QUE ASÍ O DESEXE E COMEZARÁ O PRÉSTAMO DURANTE OS RECREOS.

ESTAMOS AGARDANDO QUE SEXA UN ÉXITO E QUE NON QUEDE NINGUÉN SEN COLLER ALO MENOS UN LIBRO PARA GOZAR DA SÚA LECTURA NO FOGAR. ASÍ MESMO, PARA RECOÑECER DALGÚN XEITO AOS QUE SE ANIMEN, AGASALLARÉMOLOS CUN PEQUENO RECORDO DA BIBLIOTECA; OS MÁIS PEQUENOS LEVARÁN UNHA MOCHILA E OS MÁIORES UN MARCAPÁXINAS!!!


FINALMENTE, LEMBRAMOS AS NORMAS PARA FACER USO DESTE SERVIZO...

 

SE QUERES AVENTURAS, LÁNZATE Á LECTURA!!

 

 

 

NON + LUMES...

 

Os tristes feitos que teñen acontecido en Galicia nos últimos días deixaron a súa pegada nos nenos e nas nenas do noso colexio.

O alumnado de 2º B de Educación Primaria quixo plasmar o seu pesar, a súa preocupación... e fixeron un mural a prol da nosa terra, dos nosos montes...

Vendo a imaxe xa está todo dito... nada máis que engadir...

 

  

 

Estes rapaces e rapazas foron os autores/as.

O noso futuro está nas súas mans...

A concienciación é a única saída...

 

GALICIA VERDE!!

NON + LUMES!!!

 

 

PRÁCTICA DE IOGA NA AULA DE 6º DE E.I. A

Neste comezo de curso, a clase de 6º de Educación Infantil A quixo tomar contacto co ioga para nenos e nenas e para elo contaron coa axuda de Jorge Casado, o pai dun alumno do centro e monitor profesional de ioga.

Os cativos e as cativas gozaron e aprenderon moito!!

 


 

Premendo no debuxo pódese ver como rematou a sesión...

Resultado de imagen de yoga para niños

 

 

Grazas Jorge pola túa visita! Agardamos que volvas pronto!!

 

 

BENVIDOS E BENVIDAS AO CURSO 2017/2018

VIMOS DE COMEZAR O NOVO CURSO E ESTAMOS DESBORDANTES DE GANAS E ENERXÍA!!

AGARDAMOS QUE VÓS, FAMILIAS, TAMÉN O INICIEDES CON MOITA ILUSIÓN E FORZA!!

 

LEMBRADE QUE NA WEB DO COLEXIO, PODEREDES VER CON FRECUENCIA IMAXES DAS ACTIVIDADES QUE SE DESENVOLVEN NO CENTRO!! ESTADE ATENTOS E ATENTAS!!

QUERIAMOS APROVEITAR TAMÉN, PARA AGRADECER PUBLICAMENTE A COLABORACIÓN DA A.N.P.A. DO COLEXIO NA REHABILITACIÓN DA AULA DE EDUCACIÓN INFANTIL QUE TANTA FALTA FACÍA!!

GRAZAS!!

 

 

FIN DE CURSO

PARA FESTEXAR O REMATE DO CURSO, OS CATIVOS E AS CATIVAS DO COLE DESFRUTARON DE XOGOS INCHABLES E ACTIVIDADES CON MONITORES NO ÚLTIMO DÍA ANTES DO COMEZO DAS VACACIÓNS.

 

 

DENDE O EQUIPO DOCENTE QUEREMOS AGRADECER Á ANPA DO NOSO CENTRO POR ORGANIZAR E PREPARAR ESTA ACTIVIDADE PARA O ALUMNADO.

AGARDAMOS QUE TODOS E TODAS PASEDES UN BO VERÁN!!

DESFRUTADE MOITO DESTAS MERECIDAS VACACIÓNS!!

VÉMONOS DE NOVO EN SETEMBRO!!!!!

 

 

CONTACONTOS. ANA MEILÁN

Na última de semana do curso as sorpresas non deixan de acompañarnos. Desta vez recibimos unha visita moi especial; Ana Meilán veu ao cole a falarnos e contarnos moitas cousas sobre Simón, o protagonista da súa obra "Bágoas baixo a cama" ou "Lágrimas bajo la cama".

Resultado de imagen de lágrimas bajo la cama

Acudiron a vela, nos tres pases que ofreceu, os nenos e nenas de Educación Infantil e de 1º e 2º de Educación Primaria.

 

Grazas pola túa visita Ana Meilán; e á profe Rocío por convencerte para vir!!

 

 

CONCERTO NA AULA DE MÚSICA

Neste remate de curso tivemos un concerto moi especial na Aula de Música: dous gaiteiros do noso concello e catro alumnos/as do C.E.I.P. Castelao ensináronnos os instrumentos da música tradicional galega e interpretaron varias pezas coas que fixeron cantar e bailar aos rapaces e rapazas de primeiro nivel.

Moitas felicidades a Rodrigo de 4ºA polo ben que nos explicou como son e como soan o tamboril e o bombo e a Daniela, Lucía e Nuria, alumnas de 1º que actuaron como pandereteiras e o fixeron de marabilla.

Dende a Aula de Música queremos agradecer a Servando, profesor de gaita, e a Antonio, gaiteiro;  a súa colaboración desinteresada para preparar este recital e amosarnos o seu bo facer pola música tradicional galega.

Tamén agradecemos a colaboración da profe Patricia que nos puxo en contacto con estes estupendos artistas.

Esperamos vervos e escoitarvos de novo no vindeiro curso.