No mes de febreiro, o alumando de 6º nivel do noso centro puido asistir a unha charla impartida por persoal especializado da Garda Civil sobre o tema do "Acoso Escolar". Abordouse a temática dende amplas e diversas perspectivas, partindo da realidade do día a día do alumnado.
Estamos moi concienciad@s co tema e atent@s a calquera sospeita; e queremos que o alumando tamén o estea para así poder poñer freo a calquera pequena problemática que pode ser a orixe de situacións intolerables neste e en calquera colexio.
Preme aquí para acceder á web do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte e coñecer máis sobre o tema.
Das landras que recollimos e prantamos, xa están nacendo os primeiros carballos!!!
Estamos verdadeiramente expectantes e felices!!
Non cremos que unhas árbores sexan máis importantes ca outras e todas merecen o seu protagonismo; así que publicamos fotografías de todas e cada unha das bandexas que hai espalladas polo colexio e que, tan ben, está coidando o noso alumando.
NON MÁIS LUMES!!
Desta volta, mostrámosvos imaxes dalgún dos momentos máis significativos do Entroido no noso centro...
Preme no meco para ver unha breve montaxe con imaxes da semana do entroido...
E a continuación podedes ver os desfiles que preparamos en base ao proxecto de centro deste curso 2017-18: A ARTE GALEGA.
DESFILE DE EDUCACIÓN INFANTIL
PINTORES E PINTORAS... (EDUCACIÓN INFANITL ESTÁ TRABALLANDO A PINTURA)
DESFILE DE EDUCACIÓN PRIMARIA
ESCRITORES E ESCRITORAS... (1º DE E.P. ESTÁ TRABALLANDO A LITERATURA)
CINEASTAS... (2º DE E.P. ESTÁ TRABALLANDO O CINE)
XOGRARES... (3º DE E.P. ESTÁ TRABALLANDO O TEATRO)
ESCULTORES E ESCULTORAS... (4º DE E.P. ESTÁ TRABALLANDO A ESCULTURA)
MÚSICOS E MÚSICAS... (5º DE E.P. ESTÁ TRABALLANDO A MÚSICA)
ARQUITECTOS E ARQUITECTAS... (6º DE E.P. ESTÁ TRABALLANDO A ARQUITECTURA)
COMEZA O ENTROIDO E AO LONGO DE TODA ESTA SEMANA, DEBEDES ESTAR ATENTOS ÁS CONSIGNAS DO MECO...
COMEZAMOS!!
"Comezamos o luns con festa rachada, terás que vir á escola coas unllas decoradas"
"Cando chegue o martes, busca unha peza que decore a túa cabeza"
"O entroido está tolo, da cabeza aos pés; e mándanos vir o mércores con roupa ao revés".
"O xoves non teñas présa en saír da túa cama, porque á escola virás sen sacar o teu pixama"
Foi todo un pracer para o noso alumnado, recibir a visita de Ana Alcolea na Biblioteca do noso centro.
Con ela, puideron falar acerca das súas obras e aclarar certos aspectos que intrigaban aos cativos/as trala lectura...
Así mesmo, a autora asinou as exemplares dos rapaces e rapazas...
Será, para todos e todas, un gran recordo por sempre!!
O alumnado de 6º nivel de Educación Primaria do noso centro puido coñecer un pouco mellor os Institutos de Educación Secundaria do concello. Este achegamento foi posible grazas á coordinación dos Departamentos de Orientación dos centros e dos Equipos Directivos.
Visitáronnos profesionais dos institutos para contarnos o que fan alí, como se estructuran as clases, como traballan, con que medios e recursos conta, etc. e explicar un pouco máis polo miúdo moitas das novidades coas que se atoparán os nosos alumnos e as nosas alumnas o vindeiro curso.
O alumando de 6º de E.P., inda estando moi expectante polo gran cambio ao que se enfronta, estivo moi atento para non deixar escapar ningún dato nin información que lles puidese ser de utilidade de cara ao futuro!!!
Moitas grazas aos profesionais/compañeir@s que nos visitaron!
Con este lipdub, ambientado co tema "No mundo" de Luar na Lubre, quixemos conmemorar no centro o Día da Paz.
Premede na imaxe para velo...
O alumnado do 4º nivel de E.P. do noso centro puido desfrutar dunha saída didáctica que sempre é moi especial.
Premede na imaxe para ver como os recibiron...
Visitaron o Muncyt e viñeron encantados/as!
Mirade algunhas fotografías da saída...
O sábado, 27 de xaneiro do 2018, continuando co plan que dende a área de Educación Física pretendemos levar a cabo de potenciar e favorecer o achegamento do alumnado a modalidades deportivas pouco practicadas no noso contexto, asistimos a unha Xornada de Bádminton.
Nesta ocasión, unha representación do alumnado de 4º, 5º e 6º de Educación Primaria do noso centro tivo a oportunidade de participar na Xornada de Bádminton que se disputou no Pavillón Polideportivo en Trazo, incluída no Programa Xogade da Secretaría Xeral para o Deporte.
O CEIP ADR Castelao contou coa participación dun total de 12 alumnos/as (6 benxamíns, 5 alevíns e 1 infantil).
Na Xornada, ademais do noso centro, participaron as Escolas Deportivas de: Trazo, O Pino, Melide e Toques.
"Fase Comarcal de Campo a Través", incluida no Programa Xogade 2017-2018, da Campaña de Deporte en Idade Escolar do programa XOGADE da Secretaría Xeral para o Deporte, que se disputou o sábado 20 de xaneiro no Parque Eugenio Granell, no Restollal - Santiago de Compostela.
Nesta actividade, participaron 22 alumnos e alumnas do CEIP ADR Castelao, de 4º, 5º e 6º de Educación Primaria (que acadaran a clasificación na fase anterior).
A participación do noso alumnado foi moi destacada e Antón Raña Villaverde (4ºC de EP) e Nadia González Vázquez (6ºB de EP) acadaron a clasificación para o Campionato Provincial, que se disputará na xornada do sábado 3 de febreiro de 2018 no circuíto do Complexo Deportivo de Acea da Ma, en Culleredo.
Ademais, os exalumnos/as do noso centro, Noa Rey e Juan Loureiro, representando ao Atlética A Silva, quedaron primeir@s nas súas respectivas categorías.