Outro ano máis, o alumnado do noso centro comeza a asistir aos concertos didácticos no Conservatorio Histórico de Santiago de Compostela.
Desta volta foron rapaces e rapazas de 3º A, B e C de Educación Primaria acompañados do alumando de 2º A e B da mesma etapa.
Aquí podedes ver algunhas das fotografías desta saída.
Grazas, coma sempre, a todos e todas as que fan posible estas saídas.
O día 6 de abril, conmemórase o Día Internacional da Actividade Física.
"SE ACTIV@ TODOS OS DÍAS"
E no noso centro, durante a semana do 9 ao 13 de abril, levaranse a cabo diferentes actividades das que vos iremos dando conta en vindeiras publicacións nesta web.
O peso desta actividade recae no equipo de traballo da Biblioteca escolar "Botalerias" (tanto profesorado como alumnado voluntario), polo que todo o alumando e o profesorado dispón dunha gran seleción de obras relacionadas coa actividade física ao seu alcance nun expositor da biblioteca escolar.
O alumnado de 5º nivel de Educación Primaria asistiu, na aula de Música do noso centro, a unha charla sobre os instrumentos da música popular galega a cargo de Suso Gestal, luthier que ten o seu obradoiro en Abellá, moi preto de Ordes.
Suso falounos dos instrumentos de vento que elabora no seu taller: gaitas, requintas, punteiros e pitos galegos. Tamén nos ensinou unha zanfona, instrumento tradicional moi vinculado ao Camiño de Santiago.
A charla rematou cunha audición destes instrumentos e cun concerto de música tradicional interpretado por dous gaiteiros xa moi coñecidos no Castelao, Servando e Antonio, acompañados ao bombo por Suso e ao tamboril por Rodrigo, alumno de 5º e tres estupendas pandereteiras de 2º; Lucía, Nuria e Daniela.
Rapaces/as e mestres/as estivemos moi atentos/as e desfrutamos do bo facer destes músicos do noso concello.
Podedes visitar o Blog de Música do noso centro para coñecer un pouco máis do traballado.
E premendo no debuxo, escoitar e ver un anaco da actuación!!
Grazas pola visita!!
Dende fai un tempo, o Equipo de Dinamización da Lingua Galega do noso centro está deseñando e poñendo en marcha o seu blog.
Poderedes velo e visitalo dende esta mesma páxina web, premendo no enlace da columna da dereita "Blog de EDLG".
Para inauguralo, publicaron un dos seus últimos traballos, a organización do Día escolar da non violencia e da Paz no centro, para o que montaron un fermoso Lipdub.
Podédelo ver visitando o Blog de EDLG ou tamén premendo na imaxe!
Agardamos que vos guste tanto como a nós facelo!
O alumnado de 5º de Educación Primaria visita o centro de saúde de Ordes na xornada do 23 de marzo.
Os alumnos e as alumnas de 5º de Educación Primaria asistiron a unha representación teatral no Teatro Principal de Santiago: "O conto de azuzaina". Foi o 21 de marzo do presente curso escolar.
Estimadas familias.
Informamos de que o venres 23 de marzo, dá comezo o periodo vacacional da Semana Santa. Incorporarémonos ás clases o vindeiro martes, día 3 de abril.
Un cordial saúdo.
Antes do remate da segunda avaliación, tivemos a sorte de recibir no centro a visita de "MALIBÚ"; unha cadeliña que vive na Casa Grande de Xanceda.
Malibú veu acompañada de Adriana, e xuntas explicáronnos a importancia do coidado dos canciños, o importante que é poñerlles o chip, tamén castralos, o importante que é adoptar en canceiras ou protectoras, non abandonalos baixo ningún concepto... e moitas outras curiosidades.
Os nenos e as nenas de 1º de Educación Primaria quedaron encantados/as coa súa visita!!
Premede na fotografía de Malibú para ver unha breve presentación do día que pasou con nós...
Moitas grazas Malibú e Adriana!!
Desta volta tivemos a sorte de contar no centro coa visita de María Canosa.
Recibírona os alumnos e as alumnas de 3º de Educación Primaria que previamente traballaran a súa obra.
MOITAS GRAZAS POLA TÚA VISITA!!
O venres, 16 de marzo, o alumnado de 4º de E.P. asistíu ao concerto didáctico: "A HISTORIA EXTRAVAGANTE DE HIPO E GAVANTE" no Auditorio de Santiago de Compostela.
O narrador, Nono Granero, narra a historia dun hipopótamo e un bogavante (baseada no libro do mesmo nome) acompañado por pezas musicais interpretadas pola Banda de Música Municipal de Santiago de Compostela.
Premede na fotografía para ver un breve fragmento do concerto...
Quedamos encantados/as co concerto!!