CON MOTIVO DA CONMEMORACIÓN DO DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO, TERÁ LUGAR NO CENTRO UNHA FEIRA DO LIBRO ENTRE OS DÍAS 23 E 27 DE ABRIL. A IDEA PARTE DO EQUIPO DE BIBLIOTECA ESCOLAR DO CENTRO, PERO CONTA COA COLABORACIÓN DE TODO O EQUIPO DOCENTE.
PRETENDEMOS QUE TEÑA CONTINUIDADE NO TEMPO, POLO QUE DECIDIMOS CHAMALA:
"I FEIRA DO LIBRO SOLIDARIO"
DECIDIUSE QUE FOSE UNHA FEIRA CON CARÁCTER SOLIDARIO XA DENDE O COMEZO, POSTO QUE OS LIBROS QUE SE VENDEN FORON DOADOS POLAS FAMILIAS DO ALUMANDO E POLO PROFESORADO. IGUALMENTE, APROVEITOUSE UN ESPURGO DE OBRAS DA BIBLIOTECA ESCOLAR PARA COMPLEMENTAR OS EXEMPLARES QUE ESTÁN Á VENDA NA FEIRA.
E O CARÁCTER SOLIDARIO CONTINÚA POLO FEITO DE QUE PARA ADQUIRIR UN LIBRO, O ALUMNADO DEBERÁ "PAGAR" CON ALIMENTOS NON PERECEDEIROS, QUE SERÁN XESTIONADOS POLOS SERVIZOS SOCIAIS DO CONCELLO E TERÁN COMO DESTINATARIAS AS FAMILIAS MÁIS DESFAVORECIDAS DO POBO.
DE XEITO PARALELO Á PROPIA FEIRA, QUIXEMOS COLABORAR NESTAS MESMAS DATAS, RECOLLENDO PRODUTOS DE HIXIENE QUE TAMÉN DISTRIBUIRÁN E XESTIONARÁN DENDE O CONCELLO. (Na nota enviada aos fogares, podedes ver con máis detalle toda a organización da actividade).
Logotipo gañador: Iván Pérez García 5ºA de E.P.
SEN DÚBIDA, ESTÁ A SER UNHA ACTIVIDADE COMPLEXA QUE IMPLICA Á TOTALIDADE DA COMUNIDADE EDUCATIVA E QUE TERÁ UNHA DURACIÓN MÁIS PROLONGADA DO QUE É HABITUAL PARA UNHA CONMEMORACIÓN.
AGARDAMOS, POLO TANTO, QUE TODO ESTE TRABALLO SEXA UN ÉXITO NA PROMOCIÓN E FOMENTO DA LECTURA ENTRE O ALUMANDO ASÍ COMO NA CONCIENCIACIÓN DO IMPORTANTE QUE É AXUDAR AOS QUE MÁIS O NECESITAN.
GRAZAS DE ANTEMÁN A TODAS AS FAMILIAS, XA QUE SEN ELAS ESTA ACTIVIDADE NON SERÍA POSIBLE.