CHARLA E CATA DE MEL NA ESCOLA

O venres, 20 de abril, un grupo de alumnado do centro tivo a oportunidade de asistir a unha charla para coñecer como fan o mel as abellas e como é o traballo dos apicultores.

A actividade foi ofertada polo Consello Regulador da Indicación Xeográfica Protexida Mel de Galicia e, ademais da charla, agasallaron a cada participante con un globo e un pequeno bote de mel. Que agasallo máis doce!