VOLUNTARIOS-AXUDANTES DA BIBLIOTECA DE BOTALERIAS NO CURSO 2017-18

No Equipo de Biblioteca de Botalerias, non estivemos traballando soamente os mestres e mestras... Houbo un grupo de rapaces e rapazas voluntarias que durante tódolos recreos do curso estiveron xestionando o préstamo, colocando os libros nos estantes, axudando a dar de baixa libros, controlando o acceso á biblioteca...

Este grupo de alumnos e alumnas, tivo aogra ao remate do curso un pequeno recoñecemento pola súa labor e tamén o queriamos destacar na web do colexio.

 

Axudantes dos luns: Valeria, Uxía, Zaira, Alba, Hugo e Gabriel.

 

 

Axudantes dos martes: Antía Rey, Rubén, Ángela, Antía Méndez e Patricia. 

 

 

Axudantes dos mércores: Nerea, Carla, Henar, Gabriel e Pablo. 

 

 

Axudantes dos xoves: Estefanía, Irene, Manuel, Cristina, María e Julia. 

 

 

Axudantes dos venres: Izan, Nerea González, Andrea, Nadia, Miguel e Laura. 

 

 Foi un pracer traballar con vós!!

SIMULACRO DE EMERXENCIA NO COLEXIO

Nestes días de final do curso, no centro houbo un Simulacro de Emerxencia xestionado e supervisado polo servizo de Bombeiros de Ordes. Facía xa un tempo que non se facía e quedaban algunhas cuestións por mellorar... e niso estamos...

O alumnado de Educación Infantil, ao remate de todo o proceso do simulacro, puido ver de preto algúns dos materiais cos que traballa o Servizo de Bombeiros do noso concello e coñecer diferentes maneiras de apagar un lume; e sobre todo, lembrar o número de emerxencias ao que debemos chamar sempre... 112.

 

 

 

CIRCUÍTOS ELÉCTRICOS EN 6º DE E. P.

O alumnado de 6º A e 6º B realizou uns circuítos eléctricos aproveitando o tema de Ciencias Naturais sobre a electricidade. Puxeron en práctica os seus coñecementos xunto coas habilidades manuais e tecnolóxicas e moita imaxinación.

Nas tarefas máis complexas (serrar, pegar con silicona quente, pelar cables...) algúns e algunhas recibiron axuda das familias que colaboraron dun xeito incrible. Como saíron tan ben, decidimos expoñelos no noso corredor.

 

 

 

CONTACONTOS PARA 1º E 2º DE EDUCACIÓN PRIMARIA

O alumnado de 1º e 2º de Educación Primaria puido asistir a unha sesión de Contacontos a cargo de Iago López.

Desta volta puideron coñecer as historias do "Axente Riciños" e, coma de costume, pasárono en grande coa visita deste gran convidado!!

Grazas a todos/as os/as que o fixestes posible!

 

O ALUMNADO DE 6º DE EDUCACIÓN PRIMARIA VISITA OS IES DO CONCELLO

O alumnado de 6º de Educación Primaria, tivo a posibilidade de visitar os dous institutos do concello. A intención é que coñezan un pouco mellor os novos espazos, profesorado, actividades, etc. nos que o vindeiro curso lles tocará pasar o seu día a día.

Moitas grazas a todos e todas os/as que fixestes posible estas visitas!

Vémonos en setembro!!

  

RECIBIMOS ÁS CRIANZAS DUNHA DAS ESCOLAS INFANTÍS DO CONCELLO

Coa finalidade de tomar contacto co que será o seu novo centro o vindeiro curso, os cativos e cativas da Escola Infantil Municipal viñéronnos facer unha visita. O noso alumnado actuou de anfitrión e ensináronlles aos visitantes as aulas de 4º de Educación Infantil e outras instalacións do noso centro.

Foi todo un pracer que nos visitarades!

 

O ALUMNADO DE EDUCACIÓN INFANTIL VISITA A GRANXA-ESCOLA DE BELELLE

Os nenos e as nenas de Educación Infantil do noso centro foron de excursión de fin de curso á Granxa-Escola de Belelle, no concello de Neda. Era a primeira vez que iamos e gustoulles moito. Puideron traballar a terra, coñecer máis de preto animais (tanto mamíferos coma aves), montaron en poni, fixeron pan, alimentaron aos animais e sobre todo... pasárono en grande!!

Premede na imaxe para ver unha breve montaxe con algunhas das fotografías dese día...

 DÁDELLE AO PLAY!

 

 

XORNADAS DE EDUCACIÓN PARA A SAÚDE

Os días 30 e 31 de maio, continuando co programa de actividades conxuntas levadas a cabo durante o presente curso entre o CEIP ADR Castelao e o PAC de Ordes, realizáronse dúas xornadas formativas sobre Educación para a Saúde no noso centro educativo co alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria, nas que se abordaron contidos sobre Alimentación e Hixiene Bucal a cargo da Dra. María Crespo e a Hixienista Mari Cerqueiro, profesionais sanitarias do PAC de Ordes.

 

 

 

O ALUMNADO DE 1º DE E.P. VISITA O PARQUE ARQUEOLÓXICO DA ARTE RUPESTRE DE CAMPO LAMEIRO

O pasado 30 de maio, o alumnado de 1º de E.P. do noso centro, viaxou á Prehistoria e visitou o Parque Arqueolóxico da Arte Rupestre de Campo Lameiro (Pontevedra).

Fixeron unha visita guiada polo parque para ver os seus petroglifos e unha representación dun poboado da época, asistimos a unha exhibición na que nos amosaron como facer lume, participamos nun taller de cerámica no que elaboramos as nosas propias creacións con barro e, por último, visitamos o museo que se atopa nas súas instalacións.

Pasámolo xenial!

 

 

OBRADOIROS DE PINTURA CON LAURA ROMERO EN EDUCACIÓN INFANTIL

Como ben saberedes, no centro estamos a desenvolver o proxecto da Arte Galega e aos cativos e cativas de Educación Infantil tocoulles coñecer un pouco máis acerca da PINTURA.

Unha conveciña de Ordes, a ilustradora Laura Romero, estivo de visita polo noso centro levando a cabo obradoiros de pintura con alumando de 3, 4 e 5 anos. Traballaron diversos artistas galegos como Maruja Mallo, Xulia Minguillón, María Antonia Dans, María Elena Gago, Carme Hermo, etc.

A continuación podedes ver algunhas imaxes das sesións que se desenvolveron ao longo destas últimas dúas semanas...

 

 

 

 

 

Grazas por acompañarnos, Laura!