COÑECEMOS O FUNCIONAMENTO DE SOGAMA...

O alumnado de 6ºB e 6ºC de Educación Primaria, tivo a oportunidade de asistir tamén ás charlas acerca do proceso de reciclaxe de Sogama. Non puideron facelo a primeira vez que viñeron, pero si nesta segunda visita.

 Grazas pola visita!!

 

OS VIQUEIRAS DE NOVO NO CASTELAO

Manuel e Paco Viqueira volveron ao noso colexio para mostrar, desta volta ao alumnado de 1º a 4º de Educación Primaria, todos os seus coñecementos acerca da cultura galega e dos instrumentos máis característicos.

Ao igual que a última vez, os rapaces e rapazas xunto co profesorado, pasaron unha sesión divertidísima, interesante e moi proveitosa.

Grazas por volver! Seredes benvidos sempre que o desexedes!!

 

FALANDO DE ROBÓTICA

Ao longo deste curso 2018/19, imos levar a cabo un PFPP (Programa de Formación Permanente do Profesorado) no centro. Tratará acerca da "Robótica nas aulas" e contará coa participación dunha boa parte do claustro.

Relacionado con isto, o coordinador do PFPP (o mestre Sergio) tivo a oportunidade de exercer de poñente para a ENAPA (Escola de Nais e Pais)  e resto da comunidade educativa, falando da importancia da robótica na adquisición de novas aprendizaxes.

Falando coa ANPA, decidimos unir esta ponencia coa posta en funcionamento da ENAPA e invitar a todas as familias do centro que o desexasen.

 

Agardamos poder poñer en práctica todas as aprendizaxes co noso alumnado e agardamos que nas vindeiras colaboracións coa ENAPA a participación das familias sexa cada vez maior.

 

FASE COMARCAL DE CAMPO A TRAVÉS (PROGRAMA XOGADE)

Un bo número de rapaces e rapazas de 4º, 5º e 6º de Educación Primaria do noso centro, participou este pasado venres, día 30 de novembro, na Fase Comarcal de Campo a Través do Programa XOGADE da Xunta de Galicia. Disputouse  na Área Recreativa da Magdalena en Castrofeito (O Pino).

 

Se queredes ver as clasificacións, podedes premer aquí. 

 

FALAMOS DE EDUCACIÓN VIAL

O alumnado de 1º e 2º de Educación Primaria tivo a oportunidade de asistir a unha xornada de formación sobre EDUCACIÓN VIAL impartida por monitores da Consellería de Educación. O noso centro foi seleccionado, xunto con outros 4 centros de Galicia para participar nesta actividade que se celebrou o 27 de novembro.

 

PIALE EN CANADÁ DA NOSA TEACHER FÁTIMA

Teacher Fátima estivo no Canadá perfecionando o seu inglés e coñecendo o sistema educativo deste país. Trouxo moitas ideas frescas e innovadoras para poñer en práctica aquí, empapouse da vida e costumes dalí e agora estallelo transmitindo ao seu alumnado. 

Mirade que gran exposición fixo no corredor do 1º andar do edificio principal...

Se queres coñecer un pouco máis do programa PIALE, preme aquí

 

 

CHARLAS DE SOGAMA PARA 5ºC E 6ºA DE E.P.

A concienciación do alumnado de cara ao "coidado e conservación do noso planeta" é un tema ao que cada vez lle queremos dar máis peso no centro.

Por iso quixemos contar coa visita de persoal da planta de Sogama no centro. Puidemos coñecer máis de preto o funcionamento desta planta de reciclaxe e a onde van parar todos os productos que separamos.

 

"LA PUERTA VIOLETA". DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO.

Abrindo portas contra a violencia de xénero no CEIP ADR Castelao de Ordes. 25 N. Curso 2018/19.

Imagen relacionada

Resultado de imagen de rozalén puerta violeta

 

 

DÍA DA INFANCIA - 20 DE NOVEMBRO -

Por mor da conmemoración do Día Internacional da Infancia, tivemos a sorte de que a nosa compañeira Begoña fixese un contacontos para o 5º nivel da Educación Infantil na Biblioteca de Botalerias.

Contounos o conto de "El lápiz mágico de Malala", falounos da súa vida e do moito que loitou polos dereitos dos nenos e das nenas...

E de agasallo, levamos uns lapis máxicos para debuxar todo o que queiramos...

Grazas profe Begoña!!!

 

MOCHILAS VIAXEIRAS

As mochilas viaxeiras xa estiveron nos primeiros fogares... e pouco a pouco irán pasando por todas as casas do alumnado das clases participantes!!

Resultado de imagen de mochilas viaxeiras

Agardamos que desfrutedes coas lecturas que nelas encontraredes!!