Quen nos visita

CONTACONTOS POLA IGUALDADE. CELTIA FIGUEIRAS.

O alumnado de Educación Infantil puido presenciar no centro o contacontos-títeres da obra "U-la Lúa?".

Desta volta foi a gran Celtia Figueiras a encargada de transmitir a todos os cativos e todas as cativas a importancia da liberdade na toma de decisións a través deste conto.

Encantounos!!!

Moitas grazas pola túa visita!!

BOTALERIAS VISITA AOS NENOS E NENAS DE EDUCACIÓN INFANTIL...

Os máis pequenos e pequenas do cole recibiron a visita de Botalerias nas súas aulas para recoller os números de lector de cada un d@s cativ@s... Quedaron moi impresionad@s coa súa visita e están desexando comezar co empréstito...

 

 GRAZAS POR VISITARNOS!!

 

CONTACONTOS EVA VARELA. O COELLIÑO AVENTUREIRO

Acabamos de recibir no centro a visita dunha contacontos chamada Eva Varela. Vén do concello de O Pino e contounos o seu conto "O coelliño aventureiro", no que se traballa o tema da necesidade de facerlles caso ao que nos din os nosos pais e as nosas nais.

 

Dende o colexio, quixemos darlle unha sorpresa e veu o mesmísimo Botalerias en persoa a lerlle un poema que Eva escribiu á súa filla fai moitos anos e que, sen ser a súa intención, acabou sendo publicado nunha recompilación publicada pola Xunta de Galicia; "Escola de sentimentos".

 

 

Ao final, asinoulles, con infinita paciencia, todos os exemplares que os cativos e cativas lle achegaron.

 

GRAZAS POLA TÚA VISITA!!

 

VISITA DE XELIS DE TORO.

Na Biblioteca de Botalerias tivemos a sorte de contar coa visita de Xelis de Toro e pasar con el unha agradable sesión.

Encántannos este tipo de activiades, a través das cales podemos coñecer mellor tanto ao escritor/a coma a obra traballada e fainos ver a lectura dende un punto de vista diferente.

Foi todo un pracer! Moitas grazas por vir ao noso colexio!!

Premede aquí para ver parte da actividade.

 

CONMEMORACIÓN DO DÍA CONTRA O ACOSO ESCOLAR

Con motivo da conmemoración do Día contra o Acoso Escolar, no centro están tendo lugar unha serie de actividades e sesións formativas ao longo de toda a semana do 2 de maio.

O luns 29 de abril, deu comezo o conxunto de actividades previstas para estes días. Celebrouse unha charla informativa para as familias, impartida polos profesionais da Garda Civil do cuartel de Brión.

                              

O venres 3 de maio, será a quenda do alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria. Estes rapaces e rapazas asistirán a sesións que traten este tema, sempre adaptándose á súa idade, impartidas tamén pola Garda Civil, dentro do Plan Director da Consellería de Educación.

 

Igualmente, na Biblioteca do centro, están dispoñibles diversas obras, novelas, contos... relacionados coa temática do Acoso Escolar e que foron traballados nas aulas.

E dende o Equipo das Tecnoloxías da Información e da Comunicación, facilitouse unha listaxe de películas e curtametraxes que tratan o tema do Acoso Escolar enfocado ao alumnado de entre 3 e 12 anos e puideron ser traballadas tamén nas aulas ao longo destes días.

 

COÑECEMOS AO CREADOR DE BOTALERIAS

O alumnado de 5º e de 6º de Educación Primaria, tivo o pracer de coñecer en persoa ao creador/deseñador da mascota da nosa Biblioteca, de Botalerias; chámase Antonio Castro.

Moitas grazas pola túa visita, pola túa colaboración e por mostrarnos parte da túa obra.

 

CONTACONTOS PEDRO...

O alumnado de 5º e 6º nivel de Educación Primaria, asistiu a un contacontos a cargo de Pedro Mañas, na Biblioteca do cole, na Casa de Botalerias.

A actividade encantounos a todos e a todas!!

Moitas grazas pola túa visita!

 

CONTACONTOS PARA 3º DE EDUCACIÓN PRIMARIA

Os alumnos e alumnas de terceiro de Educación Primaria puideron desfrutar dunha sesión de contacontos a través da cal se pretendía fomentar a lectura entre o alumnado!!

Esta labor estivo a cargo de SABELA, que o fixo dun xeito moi participativo e motivador para os cativos/as!!

Foi moi interactivo e todos e todas quedaron encantados!!

Agardamos que volva a facernos unha visita en canto poida!!

Que ben o pasamos!!

 

CONTACONTOS IAGO LÓPEZ

A finais de xaneiro, visitou a Casa de Botalerias o contacontos Iago López para facernos rir e soñar unha vez máis.

Aproveitando que o alumnado de 2º de Educación Primaria está lendo a obra "O lobo con botas", este gran contacontos, veu a narrarnos esta historia.

O noso alumnado desfrutou moito da súa visita, como cada vez que nos acompaña!!

 

 

 

CONTACONTOS PARA EDUCACIÓN INFANTIL

O alumnado de Educación Infantil tivo o privilexio de recibir no centro a visita de Celtia Figueiras. Desfrutaron do seu bo facer co conto de "Os tres porquiños" e "O gato con botas". 

 

Igualmente, presentounos o libro-cd "Cantamos?" e asinounos todos os exemplares que temos no centro.

Deste libro parte o espectáculo homónimo "Cantamos?" do que ela forma parte xunto con outros artistas.

Podedes ver un breve fragmento dunha das súas actuacións premendo no seguinte enlace.

Imagen relacionadaResultado de imagen de luis vallecillo libro cantamos

Foi todo un pracer!! Moitas grazas por vir!!