CONMEMORACIÓN DO DÍA CONTRA O ACOSO ESCOLAR

Con motivo da conmemoración do Día contra o Acoso Escolar, no centro están tendo lugar unha serie de actividades e sesións formativas ao longo de toda a semana do 2 de maio.

O luns 29 de abril, deu comezo o conxunto de actividades previstas para estes días. Celebrouse unha charla informativa para as familias, impartida polos profesionais da Garda Civil do cuartel de Brión.

                              

O venres 3 de maio, será a quenda do alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria. Estes rapaces e rapazas asistirán a sesións que traten este tema, sempre adaptándose á súa idade, impartidas tamén pola Garda Civil, dentro do Plan Director da Consellería de Educación.

 

Igualmente, na Biblioteca do centro, están dispoñibles diversas obras, novelas, contos... relacionados coa temática do Acoso Escolar e que foron traballados nas aulas.

E dende o Equipo das Tecnoloxías da Información e da Comunicación, facilitouse unha listaxe de películas e curtametraxes que tratan o tema do Acoso Escolar enfocado ao alumnado de entre 3 e 12 anos e puideron ser traballadas tamén nas aulas ao longo destes días.