Os rapaces e rapazas de 3º e 4º de Educación Primaria puideron asistir na Biblioteca do centro a unha charla que forma parte dun proxecto solidario que pretende fomentar a solidaridade, o respecto ao medio ambiente, a reciclaxe e a creatividade.
É unha actividade proposta pola Consellería de Política Social e que consiste nun obradoiro con tapóns reciclados protagonizado pola súa mascota: "Püssa".
A Püssa gústalle coidar dos/as nenos/as, especialmente dos/as que máis o necesitan. Por iso lles veu pedir aos nenos e nenas que lle axuden a recoller tapóns a favor das asociacións e causas que o precisen.
A súa filosofía é converter eses tapóns en xogos divertidos ou darllos a artistas para que fagan obras de arte que despois venden.
Con esa filosofía, conseguen máis cartos xuntando menos tapóns.
Os/as cativos/as puideron levar para as súas casas unha bolsa/agasallo con pegatinas, unha chapa, un diploma e un xogo de mesa.
Animémonos a participar desta iniciativa!!
Alumnos e alumnas do Ceip ADR Castelao de Ordes participaron nas probas de Campo a Través do Campionato Comarcal do Programa Xogade da Xunta de Galicia.
Estas probas tiveron lugar na área recreativa da Magadalena, en Castrofeito (O Pino) e participaron 670 escolares de nove centros escolares. O noso centro participou xunto co de Touro, Mesón do Vento (Ordes), Ortigueira (Vedra), A Ramallosa (Teo), Arzúa, Sigüeiro (Oroso) e co IES de Arzúa.
Nesta competición o Ceip ADR Castelao participou cun total de 50 alumnos/as (25 rapazas e 25 rapaces) de 4º, 5º e 6º de Educación Primaria.
Destacar os resultados a nivel colectivo dos 4 equipos representantes do Castelao: 1º posto para o equipo infantil feminino, 2º posto para o alevín masculino e 3º posto para os equipos alevín feminino e infantil masculino.
Ademáis a nivel individual destacar os podios de Nadia González (1ª infantil feminino) e Antón Raña (2º alevín masculino).
A continuación podedes ver algunhas das imaxes desta xornada:
E da entrega de medallas...
Noraboa a todos e todas as participantes.
Tralos lumes que asolaron boa parte dos montes galegos, no centro comezou a brotar un sentimento de solidaridade que se transformou nun bonito proxecto que pouco a pouco vai dando comezo.
Chámase "Proxecto Landras, de Ordes a Vincios" e terá lugar durante este curso e o vindeiro (xa que necesitamos que transcorra este tempo ata que se rexenere o chan ardido).
A través do traballo do alumnado, o noso colexio converterase nun pequeno viveiro no que se dará vida a centos de árbores; concretamente Carballo autóctono galego. Encargarémonos de todos os pasos necesarios ata conseguir unha pequena pranta que poder doar ao Monte Veciñal de Vincios (pertencente á Mancomunidade de Montes do Val Miñor).
Este proxecto está supervisado e conta co asesoramento dunha enxeñeira forestal que traballa co Monte Veciñal de Vincios (Susana Castro Castro) e coa absoluta colaboración e entrega do profesorado, alumando e familias do C.E.I.P. A.D.R Castelao de Ordes.
Polo de agora fixemos os primeiros pasos do proceso; seleccionamos as landras máis axeitadas facéndolle a proba da flotabilidade e comezamos a prantalas nunhas bandexas.
Conforme vaia avanzando o proceso iremos dando conta na web do colexio con novas publicacións.
OS CATIVOS E CATIVAS DO C.E.I.P. A.D.R. CASTELAO DE ORDES ESTÁN...
"UNID@S CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO"
Traballamos o lazo malva (con mensaxes) como símbolo desta conmemoración, os/as máis cativos/as limos contos moi especiais, os maiores vimos curtametraxes que nos impactaron e concienciaron e, entre todos e todas, fixemos un mural no que plasmar a través de fotografías de grupo, as nosas mensaxes en contra da violencia de xénero.
Mirade algunhas fotografías desta intensa semana...
Este foi o resultado final...
Podedes ver algunhas das curtametraxes traballadas polo alumando de Educación Primaria...
Premede nos enlaces para velas...
El sueño imposible Igualdad de género Superlola
E agora podedes visitar o enlace aos diferentes contos traballados polos máis pequenos e pequenas.
Premede nas imaxes de cada un deles para velos...
DÍA INTERNACIONAL CONTA A VIOLENCIA DE XÉNERO
Ao longo de toda unha semana do mes de novembro, o alumnado de Educación Infantil e de 1º e 2º de Educación Primaria, tivo a posibilidade de coñecer máis de preto a Praza de Abastos de Ordes.
A actividade, chamada "Vaia Praza", foinos proposta polo Concello de Ordes, e organizada polos hostaleiros/as: Sonia Moar, Juan Buyo e Tito Fernández, coa colaboración da Asociación de Comerciantes de Ordes.
Puidemos visitar os postos e coñecer o que neles se vende acompañados/as, con gran paciencia e profesionalidade, de Begoña, Lucía e Sara (monitoras da actividade).
Asistimos a un taller impartido por educadoras da Casa Grande de Xanceda onde prantamos legumes reciclando os envases de iogur e coñecemos máis de preto o traballo que se desenvolve nesta granxa.
E, por se fora pouco, puidemos gozar dun exquisito chocolate con churros cortesía dos/as organizadores/as da actividade e do Concello de Ordes e de outros dous saborosos agasallos cortesía da panadería Milagros e da froitaría A Nova.
Foi un pracer compartir este tempo con veciños/as e comerciantes. Os/as cativos/as viñeron encantados/as!!
Novamente, outro nutrido grupo de alumnado do centro (5ºA, 5ºB, 6ºA, 6ºB e 6ºC de E.P.) tivo o privilexio de visitar o Conservatorio Histórico en Santiago de Compostela e gozar dunha divertida xornada.
Participaron por terceiro ano consecutivo na actividade "Unha viaxe a tempo". Desta volta, a viaxe levounos dende Dinamarca ata as illas Seychelles. Rapaces e rapazas descubriron costumes, paisaxes e sobre todo música dos lugares visitados; sempre da man de Esther Sobral, directora do Conservatorio, que actuou como guía, e os profesores Adolfo Urrabieta ao piano, Albano Dias, percusionista e Vera Kolar tocando o violonchelo.
Premede na imaxe para ver un breve vídeo dunha parte da actividade:
Durante varios días, tivemos a sorte de convivir no noso centro cun grupo de axentes forestais e dúas brigadas.
Asistiu todo o alumnado do centro e, dada a situación que viviu a nosa terra semanas atrás por mor dos incendios, foi unha vivencia moi especial.
Estiveron con nós: Santiago Neira e Couselo (axentes forestais); Pepe, Roberto e Meizoso (da brigada de Frades); Olegario, Lorenzo e Marisol (da brigada de Arzúa) e Moncho e José Antonio Calviño.
Grazas ás súas explicacións estamos a coñecer un pouco mellor o seu traballo no día a día, cales son as especies invasoras, como é o seu uniforme de traballo cando lles toca apagar lumes, a diferenza cos bombeiros/as... E tamén puidemos ver de preto o camión no que se desprazan e usar as mangueiras que eles/as mesmos/as utilizan.
Mirade algunhas imaxes destes días...
Foi unha actividade que recordaremos durante moito tempo!!
Grazas pola visita e polo traballo que facedes día a día!!
Un ano máis, no colexio celebramos o Magosto...
Foi un día no que os nenos e as nenas desfrutaron moito e o centro estivo cheo de actividades...
Todo o alumando puido saborear as deliciosas castañas do noso Castañeiro oficial.. Bieito... e mailo seu axudante!!
O alumnado converteuse en artista podendo colorear diferentes murais distribuídos polo centro con motivo desta conmemoración...
E os/as máis pequenos/as do cole asistiron a dúas representacións teatrais/musicais que os maiores prepararon con moito esforzo.
Así de atento estaba o público...
E así de profesionais os actores e actrices...
Premede aquí para ver o vídeo de como o fixeron os do grupo de 3º de Educación Primaria da mestra Alba...
E agora aquí para ver ao grupo de 3º de Educación Primaria da mestra Chus Pais...
Moitas grazas rapaces e rapazas por facelo tan ben e por facernos pasar un día divertidísimo!!
Un ano máis, as mochilas viaxeiras van de camiño aos fogares do alumnado das aulas participantes...
Lembrade que esta actividade arranca o vindeiro venres, día 3 de novembro!!!
Que desfrutedes da lectura!!!
Nos últimos días do mes de outubro, algo extraño pasou no noso colexio...
Nos corredores apareceron decoracións terroríficas...
Alguén estivo preparando cabazas e poñéndoas nos cruces dos corredores...
Os nenos e as nenas convertéronse e meigas, cabazas, morcegos, esqueletes e todo tipo de seres horripilantes...
Houbo a quen se lle deu polos feitizos...
No patio, as mestras estiveron maquillando aos cativos/as con deseños arrepiantes...
Tamén puidemos ver festas nas que seres extraños comían e desfrutaban...
Os doces eran verdadeiramente arrepiantes...
Os rapaces e rapazas de 5º de Educación Primaria decidiron facer unha exposición con vasoiras de meiga e de paso traballar un pouco a nosa lingua...
Preme na imaxe para ver o seu traballo...
AH... CLARO!!! COIDO QUE É O SAMAÍN!!! (Escoita a Uxía Lambona e a Banda Molona premendo no enlace)