Durante varios días, tivemos a sorte de convivir no noso centro cun grupo de axentes forestais e dúas brigadas.
Asistiu todo o alumnado do centro e, dada a situación que viviu a nosa terra semanas atrás por mor dos incendios, foi unha vivencia moi especial.
Estiveron con nós: Santiago Neira e Couselo (axentes forestais); Pepe, Roberto e Meizoso (da brigada de Frades); Olegario, Lorenzo e Marisol (da brigada de Arzúa) e Moncho e José Antonio Calviño.
Grazas ás súas explicacións estamos a coñecer un pouco mellor o seu traballo no día a día, cales son as especies invasoras, como é o seu uniforme de traballo cando lles toca apagar lumes, a diferenza cos bombeiros/as... E tamén puidemos ver de preto o camión no que se desprazan e usar as mangueiras que eles/as mesmos/as utilizan.
Mirade algunhas imaxes destes días...
Foi unha actividade que recordaremos durante moito tempo!!
Grazas pola visita e polo traballo que facedes día a día!!