O ALUMNADO DE 6º DE E.P. PATICIPOU NO XVII REBUMBIO MATEMÁTICO NA FASE DE ZONA, EN SANTIAGO DE COMPOSTELA.
BO TRABALLO RAPACES E RAPAZAS!!
O ALUMNADO DE 6º DE E.P. PATICIPOU NO XVII REBUMBIO MATEMÁTICO NA FASE DE ZONA, EN SANTIAGO DE COMPOSTELA.
BO TRABALLO RAPACES E RAPAZAS!!
O ALUMNADO DE 6º DE EDUCACIÓN PRIMARIA PARTICIPOU NUN OBRADOIRO DE IGUALDADE DE XÉNERO E COEDUCACIÓN DESENVOLTO NAS SÚAS PROPIAS AULAS POR PARTE DE PERSOAL DA CRUZ VERMELLA DE ORDES.
O DÍA 19 DE ABRIL OS NENOS E AS NENAS DE 3º DE EDUCACIÓN PRIMARIA PUIDERON ASISTIR A UNHA PRESENTACIÓN DUN LIBRO DE XELIS DE TORO.
Para coñecer un pouco máis do autor, preme na imaxe.
A OBRA DA QUE VEU FALAR É "O TROMPETISTA E A LÚA", SOBRE A QUE ESTIVO TRABALLANDO O ALUMNADO ESTAS SEMANAS. Para coñecela un pouco máis, preme na imaxe da obra:
NO CASTELAO TIVEMOS A HONRA DE FALAR DA OBRA DIRECTAMENTE CO AUTOR E COÑECER O INICIO DA HISTORIA (QUE NON VÉN NO LIBRO) E UN FINAL MOI ESPECIAL DO QUE TAMPOUCO SE FALA NA OBRA. ENCANTOUNOS A EXPERIENCIA!!
GRAZAS POLA VISITA!!
Con motivo da conmemoración do "Día do Libro", dende o Equipo de Biblioteca, preparamos unha exposición titulada "Lendo por Ordes" para a cal contamos coa colaboración das familias do alumnado, que aportaron fotografías dos cativos e das cativas lendo en lugares emblemáticos de Ordes; para así continuar dando forma ao Proxecto "Un paseo por Ordes" que estamos a desenvolver ao longo de todo o curso no colexio.
Preme na imaxe para ver unha presentación con todas as fotografías:
Así mesmo, quixemos facer tamén un pequeno apartado no que incluír obras sobre o noso concello e un libro recompilatorio das narracións orais que elaborou o alumnado de 6º curso de Educación Primaria con motivo da celebración do "Día da narración oral".
Dita obra, feita polo alumnado de 6º de E.P., irá acompañada das ilustracións feitas por eles/as mesmos/as coa axuda dunha ilustradora profesional do noso concello; Laura Romero, coa que traballará o alumnado de 6º nun obradoiro. De igual xeito, este apartado da exposición foi completado con ilustracións da vila de Ordes cedidas por Laura Romero ao noso centro.
Preme na fotografía para visitar a web de Laura Romero.
E como remate do gran traballo do alumnado e do profesorado en relación coa nosa vila, quixemos recoller de xeito rotatorio traballos elaborados polas diferentes titorías e familias en relación coa nosa vila (as parroquias, o Museo do Traxe, as nosas receitas, o Soldado Lois, etc) e presentalas na sección "Lemos sobre Ordes", que estará viva e cambiará de aquí ao remate do curso.
OS NENOS E AS NENAS DE 4º DE EDUCACIÓN INFANTIL FORON POR PRIMEIRA VEZ A UNHA SAÍDA DIDÁCTICA CO COLEXIO.
FORON AO CONSERVATORIO HISTÓRICO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA E ASISTIRON A UN CONCERTO DIDÁCTICO.
PASÁRONO MOI BEN E A EXPERIENCIA FOI XENIAL!!!
AGARDAMOS REPETIR EN BREVE!!!
O CANTAUTOR HÉCTOR LORENZO VISÍTANOS PARA DAR A COÑECER O SEU TRABALLO "COUSAS DE PAPÁ".
Se queres coñecer un pouco máis da obra preme na imaxe...
E ASÍ DE BEN O PASAMOS...
GRAZAS POLA TÚA VISITA!!
O 6 de abril visitounos no Castelao M. Manuel Vázquez Pena, máis coñecido como Manel, un Luthier do noso concello.
Trouxo ata a nosa escola moitos dos instrumentos que el mesmo fabrica de xeito artesanal. Tamén nos trouxo os materiais e ferramentas que emprega para construílos e explicounos cales son as madeiras e peles mais axeitadas para cada un deles. Vimos como domeaba as madeiras para facer os aros das pandeiretas, pandeiros e tambores. Tamén vimos como insertaba as peles, as ferreñas, os bordóns e todas e cada unha das pezas que forman parte dos instrumentos de percusión da nosa música tradicional.
Moitas grazas Manel por amosarnos tan ben o teu traballo.
Se queredes visitar a páxina web deste artesán, premede aquí.
O ALUMNADO DE 5º DE EDUCACIÓN INFANTIL DO COLE ASISTÍU O DÍA 6 DE ABRIL A UN CONCERTO DIDÁCTICO NO CONSERVATORIO HISTÓRICO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA.
FOI UNHA EXPERIENCIA FERMOSA NA QUE PUIDEMOS FORMAR PARTE DO ESPECTÁCULO!! PASÁMOLO XENIAL!!
MOITAS GRAZAS AOS PROFESORES E PROFESORAS DO CONSERVATORIO QUE TAN BEN NOS TRATAN CADA VEZ QUE OS VISITAMOS (preme nos seus nomes para coñecelos mellor):
NO CENTRO SEGUIMOS A DESFRUTAR DA LECTURA EN TÓDALAS SÚAS FORMAS.
DESTA VOLTA, VISITOUNOS NO CENTRO O CONTACONTOS IAGO LÓPEZ. PREPAROU UNHA DIVERTIDÍSIMA POSTA EN ESCEA PARA FACER DESFRUTAR AO ALUMNADO DE EDUCACIÓN INFANTIL DA SÚA OBRA "O COCIÑEIRO MARTIÑO" (Xerais, 2016)
Pincha na imaxe para saber máis da súa obra.
AQUÍ PODEDES VER ALGUNHAS IMAXES DO CONTACONTOS IAGO E DOS AXUDANTES QUE TIVO NO NOSO COLE!!
ASEGURÁMOSVOS QUE O PASAMOS EN GRANDE!!!
AGARDAMOS VOLVER DESFRUTAR DE IAGO EN BREVE!!!!