DÍA DO LIBRO NO CEIP ADR CASTELAO DE ORDES

Con motivo da conmemoración do "Día do Libro", dende o Equipo de Biblioteca, preparamos unha exposición titulada "Lendo por Ordes" para a cal contamos coa colaboración das familias do alumnado, que aportaron fotografías dos cativos e das cativas lendo en lugares emblemáticos de Ordes; para así continuar dando forma ao Proxecto "Un paseo por Ordes" que estamos a desenvolver ao longo de todo o curso no colexio.

Preme na imaxe para ver unha presentación con todas as fotografías:

 

Así mesmo, quixemos facer tamén un pequeno apartado no que incluír obras sobre o noso concello e un libro recompilatorio das narracións orais que elaborou o alumnado de 6º curso de Educación Primaria con motivo da celebración do "Día da narración oral".

 

Dita obra, feita polo alumnado de 6º de E.P., irá acompañada das ilustracións feitas por eles/as mesmos/as coa axuda dunha ilustradora profesional do noso concello; Laura Romero, coa que traballará o alumnado de 6º nun obradoiro. De igual xeito, este apartado da exposición foi completado con ilustracións da vila de Ordes cedidas por Laura Romero ao noso centro.

Preme na fotografía para visitar a web de Laura Romero.

 

 

 

E como remate do gran traballo do alumnado e do profesorado en relación coa nosa vila, quixemos recoller de xeito rotatorio traballos elaborados polas diferentes titorías e familias en relación coa nosa vila (as parroquias, o Museo do Traxe, as nosas receitas, o Soldado Lois, etc) e presentalas na sección "Lemos sobre Ordes", que estará viva e cambiará de aquí ao remate do curso.