diadolibro

23 DE ABRIL: DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO

 

DÍA  DO  LIBRO

 

Con  motivo  da  celebración  do  Día  do Libro  o  Equipo  de  biblioteca queremos  compartir o  mural  de BOOKFLIX realizado  coas  aportacións das  diferentes  titorías.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Tamén   aproveitamos  para cambiarlle  a  imaxe   a  porta   da  biblioteca. Agora  ao  entrar  atoparedes  unhas  frases  motivadoras  que  nos  deixou  o  noso  amigo  Botalerias.

 

 

 

 

 

Moitas  grazas  pola  vosa  colaboración!

 

Ata  pronto!

 

 

DÍA DO LIBRO 2019

Acaba de dar comezo a II Feira do Libro Solidario do CEIP ADR Castelao de Ordes.

Queda por diante unha semana de solidaridade e lectura... na que todo o alumnado que o desexe, poderá intercambiar produtos de alimentación, hixiene e limpeza do fogar polos libros que estarán dispoñibles na Feira.

Agardamos que sexa un éxito e animámosvos a que colaboredes dende as casas, sen esquecer o carácter solidario e altruísta da actividade. 

 

DÍA O LIBRO. I FEIRA DO LIBRO SOLIDARIO

Dende o Equipo de Biblioteca Escolar "Botalerias", queremos dar conta de como transcorreu a I Feira do Libro Soliario que se celebrou no noso centro entre os días 23 e 27 de abril.

Comezaremos dicindo que foi todo un éxito, xa que participou toda a comunidade educativa e os obxectivos de fomentar a lectura e a solidaridade no alumnado foron máis que acadados.

Pasaron pola feira todas as clases do centro e o troco de libros por alimentos creou unha gran expectación e interese entre o alumnado, familias e persoal do centro tanto docente coma non docente.

A solidaridade de todos/as e cada un quedou patente se nos fixamos no dato de kilogramos totais de alimentos recadados... algo máis de 1500 kg!! Sen esquecernos dos produtos de hixiene que non foron contabilizados.

Os/as voluntarios/as da Cruz Vermella foron os nosos aliados ao vir cada día ao centro a recoller os kilos de produtos recadados e estar sempre á nosa disposición para o que precisaramos.

E, por suposto, non queremos deixar de dar as grazas ás familias, tanto pola doazón dos libros de segunda man que foron empregados para a feira, coma pola cantidade de alimentos e produtos de hixiene doados a través dos fillos e fillas ao longo desta semana.

De igual xeito, queremos tamén informar das canles de publicidade das que gozou esta actividade: a propia páxina web do centro, carteis publicitarios no colexio, o xornal Crónicas, o facebook do xornal Crónicas, o facebook do Concello de Ordes, unha entrevista para Radio Cope Santiago (minuto 30 do programa emitido o xoves 26 de abril) e por suposto o boca a boca de todos e todas as implicadas.

 

Agardamos que a Feira do Libro Solidario se repita de xeito anual e que se convirta nunha Gran Tradición do noso centro.

GRAZAS!

 

DÍA DO LIBRO NO CEIP ADR CASTELAO DE ORDES

Con motivo da conmemoración do "Día do Libro", dende o Equipo de Biblioteca, preparamos unha exposición titulada "Lendo por Ordes" para a cal contamos coa colaboración das familias do alumnado, que aportaron fotografías dos cativos e das cativas lendo en lugares emblemáticos de Ordes; para así continuar dando forma ao Proxecto "Un paseo por Ordes" que estamos a desenvolver ao longo de todo o curso no colexio.

Preme na imaxe para ver unha presentación con todas as fotografías:

 

Así mesmo, quixemos facer tamén un pequeno apartado no que incluír obras sobre o noso concello e un libro recompilatorio das narracións orais que elaborou o alumnado de 6º curso de Educación Primaria con motivo da celebración do "Día da narración oral".

 

Dita obra, feita polo alumnado de 6º de E.P., irá acompañada das ilustracións feitas por eles/as mesmos/as coa axuda dunha ilustradora profesional do noso concello; Laura Romero, coa que traballará o alumnado de 6º nun obradoiro. De igual xeito, este apartado da exposición foi completado con ilustracións da vila de Ordes cedidas por Laura Romero ao noso centro.

Preme na fotografía para visitar a web de Laura Romero.

 

 

 

E como remate do gran traballo do alumnado e do profesorado en relación coa nosa vila, quixemos recoller de xeito rotatorio traballos elaborados polas diferentes titorías e familias en relación coa nosa vila (as parroquias, o Museo do Traxe, as nosas receitas, o Soldado Lois, etc) e presentalas na sección "Lemos sobre Ordes", que estará viva e cambiará de aquí ao remate do curso.