Tralos lumes que asolaron boa parte dos montes galegos, no centro comezou a brotar un sentimento de solidaridade que se transformou nun bonito proxecto que pouco a pouco vai dando comezo.
Chámase "Proxecto Landras, de Ordes a Vincios" e terá lugar durante este curso e o vindeiro (xa que necesitamos que transcorra este tempo ata que se rexenere o chan ardido).
A través do traballo do alumnado, o noso colexio converterase nun pequeno viveiro no que se dará vida a centos de árbores; concretamente Carballo autóctono galego. Encargarémonos de todos os pasos necesarios ata conseguir unha pequena pranta que poder doar ao Monte Veciñal de Vincios (pertencente á Mancomunidade de Montes do Val Miñor).
Este proxecto está supervisado e conta co asesoramento dunha enxeñeira forestal que traballa co Monte Veciñal de Vincios (Susana Castro Castro) e coa absoluta colaboración e entrega do profesorado, alumando e familias do C.E.I.P. A.D.R Castelao de Ordes.
Polo de agora fixemos os primeiros pasos do proceso; seleccionamos as landras máis axeitadas facéndolle a proba da flotabilidade e comezamos a prantalas nunhas bandexas.
Conforme vaia avanzando o proceso iremos dando conta na web do colexio con novas publicacións.