CAMPO A TRAVÉS 1/12/17

Alumnos e alumnas do Ceip ADR Castelao de Ordes participaron nas probas de Campo a Través do Campionato Comarcal do Programa Xogade da Xunta de Galicia.

Estas probas tiveron lugar na área recreativa da Magadalena, en Castrofeito (O Pino) e participaron 670 escolares de nove centros escolares. O noso centro participou xunto co de Touro, Mesón do Vento (Ordes), Ortigueira (Vedra), A Ramallosa (Teo), Arzúa, Sigüeiro (Oroso) e co IES de Arzúa.

Nesta competición o Ceip ADR Castelao participou cun total de 50 alumnos/as (25 rapazas e 25 rapaces) de 4º, 5º e 6º de Educación Primaria.

Destacar os resultados a nivel colectivo dos 4 equipos representantes do Castelao: 1º posto para o equipo infantil feminino, 2º posto para o alevín masculino e 3º posto para os equipos alevín feminino e infantil masculino.

Ademáis a nivel individual destacar os podios de Nadia González (1ª infantil feminino) e Antón Raña (2º alevín masculino).

 

A continuación podedes ver algunhas das imaxes desta xornada:

E da entrega de medallas...

 

Noraboa a todos e todas as participantes.